Por Europa Press / Redacción | LAS PALMAS DE GRAN CANARIA | 06/01/2024 | Actualizada ás 19:46
Catro persoas foron detidas tras ser interceptado un barco que navegaba en augas de Canarias cuns 500 quilos de cocaína, informan fontes da Policía Nacional a Europa Press.
A operación é froito dunha acción conxunta da Axencia Tributaria, Policía Nacional e Garda Civil e tras ser localizado o barco na tarde do venres, na mañá deste sábado desembarcou na Base Naval de Las Palmas de Gran Canaria, onde se realizou a pesada dos estupefacientes.
Aínda que polo momento non transcenderon máis detalles da investigación nin a orixe dos detidos, medios galegos como Faro de Vigo ou Diario de Pontevedra avanzan que un deles é pontevedrés, mentres o resto da tripulación comporíana dous marroquís e un colombiano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.