Os sindicatos CIG, STEG e CSIF recollen firmas contra o acordo de redución de cocientes e horarios na educación galega

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2024 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

Os sindicatos CIG, STEG e CSIF arrincaron unha recollida de firmas contra o acordo asinado o pasado mes de outubro entre a Xunta e outras tres organizacións (CCOO, ANPE e UGT), para a redución progresiva de cocientes e horarios na educación galega a partir do curso 2024/25, entre outras medidas.

CIG, STEG e CSIF (aínda que só o primeiro dos tres forma parte da mesa sectorial docente non universitaria) xa emprenderan varias accións de protesta contra este acordo, entre elas dúas folgas xerais na educación pública en outubro e novembro e manifestacións. Agora, ás portas das eleccións galegas do 18 de febreiro, iniciaron unha campaña de recollida de firmas.

O obxectivo é "pór de novo o foco no profesorado, dándolle a palabra e a oportunidade de alzar a voz fronte á negativa do Goberno galego a asumir o rexeitamento maioritario" a este texto que mesmo contou coa firma do presidente autonómico, Alfonso Rueda. Ademais, a CIG-Ensino (principal sindicato do ensino público galego) denuncia que a Xunta busca "ocultar" o acordo, dado que "non se publicou" aínda no Diario Oficial de Galicia. Isto, asegura a central nacionalista, demostra o "desprezo absoluto" do Goberno galego polo seu departamento educativo.

Representantes de CIG-Ensino, STEG e CSIF vólvense a encerrar na Consellería de Educación
Representantes de CIG-Ensino, STEG e CSIF vólvense a encerrar na Consellería de Educación | Fonte: CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta