Estas son as 51 especialidades da próxima OPE educativa da Xunta en Primaria e Infantil e en Secundaria

A Consellería de Educación traslada o borrador coa oferta aos sindicatos para abordalo o vindeiro martes en mesa sectorial. Tamé convoca aos sindicatos o día 16 para distribuír as especialidades nas oposicións a docente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2024 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades enviou aos sindicatos da mesa sectorial docente unha proposta coa oferta da súa próxima oferta pública de emprego (OPE) para este ano. Constará dun total de 1.743 prazas, se se suman as da taxa de reposición --que substitúen baixas producidas por causas como xubilacións-- e as de promoción interna, segundo consta no documento recolleito por Europa Press.

Así, o groso da OPE son as 520 prazas ofertadas para o corpo de mestres de Educación Infantil e Primaria, e as 777 de profesores de Secundaria, que dan clase en ESO, Bacharelato e Formación Profesional. Ademais, hai outras 57 do corpo de profesores en sectores singulares de FP, máis outras 33 para as escolas oficiais de idiomas.

Xunto a estas, a Consellería convocará máis de 200 de promoción interna: 200 para que profesores de Secundaria pasen do subgrupo A2 ao A1, máis 11 para acceder ao corpo de inspectores educativos. De todas as prazas mencionadas, hai 123 reservadas para persoas con discapacidade.

A oferta será abordada cos sindicatos CIG, CCOO, ANPE e UGT nunha mesa sectorial convocada para o vindeiro martes, 16 de xaneiro, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago. Fontes das organizacións consultadas por Europa Press xa manifestaron as súas críticas por trasladarlles a listaxe de vacantes e o proxecto de decreto da OPE sen consulta previa.

As taxas para participar no proceso, sen ter en conta descontos previstos por diferentes causas --como discapacidade e familia numerosa--, son de 38,02 euros para mestres e profesores de sectores singulares de FP e de 44,17 euros para o resto.

LISTAXE POR ESPECIALIDADES

Por especialidades, as 520 prazas de mestres distribúense como segue:

-- Educación Infantil: 50

-- Inglés: 65

-- Francés: 50

-- Educación Física: 40

-- Música: 20

-- Pedagoxía Terapéutica: 110

-- Audición e Linguaxe: 80

-- Educación primaria: 105

Por outra banda, as 875 vacantes de profesores de Secundaria correspóndense ás seguintes especialidades:

-- Filosofía: 24

-- Latín: 10

-- Lingua Castelá e Literatura: 36

-- Xeografía e Historia: 29

-- Matemáticas: 24

-- Física e Química: 20

-- Bioloxía e Xeoloxía: 10

-- Debuxo: 15

-- Francés: 10

-- Inglés: 80

-- Música: 10

-- Educación Física: 46

-- Orientación Educativa: 21

-- Tecnoloxía: 60

-- Lingua Galega e Literatura: 80

-- Economía: 22

-- Administracións de Empresas: 15

-- Formación e Orientación Laboral: 20

-- Informática: 50

-- Intervención Sociocomunitaria: 22

-- Organización e Xestión Comercial: 17

-- Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos: 19

-- Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica: 20

-- Procesos de Produción Agraria: 11

-- Sistemas Electrotécnicos e Automáticos: 16

-- Instalacións e Mantemento de Equipos Térmicos e de Fluídos: 10

-- Instalacións Electrotécnicas: 18

-- Operacións e Equipamentos de Produción Agraria: 10

-- Prodcedimientos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico: 13

-- Procedementos Sanitarios e Asistenciais: 18

-- Procedementos Comerciais: 11

-- Procesos de Xestión Administrativa: 25

-- Sistemas e Aplicacións Informáticas: 65

-- Equipos Electrónicos: 18

En canto aos especialistas en sectores singulares de FP, distribúense desta maneira:

-- Cociña e Pastelaría: 10

-- Fabricación e Instalación de Carpintaría e Moble: 11

-- Mantemento de Vehículos: 25

-- Mecanizado e Mantemento de Máquinas: 28

-- Soldadura: 10

Finalmente, nas escolas oficiais de idiomas convócanse 33 prazas:

-- Francés: 11

-- Galego: 7

-- Inglés: 15

Estudantes en exames de oposicións. / Xunta / Europa Press
Estudantes en exames de oposicións. / Xunta / Europa Press

XUNTANZA

Por outra banda, a Xunta de Galicia enviou este mércores ás organizacións sindicais da mesa sectorial a proposta de distribución por especialidades das 1.743 prazas de oposicións para o ensino público neste ano 2024. Esta proposta analizarase o próximo día 16 na reunión deste órgano, ao que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades levará tanto o decreto de oferta pública de emprego como a convocatoria das probas que se celebrarán a final de curso, precisa.

Das 1.743 prazas, un total de 1.512, o 86%, son de novo ingreso. Un total de 520 son de mestres, 875 de profesores de ensino secundario, 84 especialistas en sectores singulares de FP e 33 de docentes de escolas de idiomas. Os 231 restantes son para que funcionarios docentes poidan acceder ao corpo de profesores de ensino secundario (220) ou ao de inspectores de educación (11).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta