Remolcado un pesqueiro por unha avaría no motor ao norte de Estaca de Bares

Con nove tripulantes a bordo.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 15/01/2024 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

O pesqueiro 'Río Xunco', con nove tripulantes a bordo, necesitou ser remolcado por Salvamento Marítimo cando se atopaba a dúas millas ao norte do cabo de Estaca de Bares. A avaría produciuse ao enredarse algún elemento descoñecido na hélice.

Segundo informa Salvamento Marítimo a Europa Press, o centro de Fisterra recibiu aviso ás 6,48 horas da mañá. Nun primeiro momento mobilizouse tanto á Salvamar 'Shaula' como á Salvamar 'Alioth' por se eran necesarios dous buques para o remolque, posto que a escora era "grande". Finalmente, a embarcación Alioth foi a encargada de levar o 'Río Xunco' ao porto de Celeiro, onde atracou ás 11,20 horas. Este pesqueiro, de 29 metros de eslora, é un arrastreiro de fondo do Cantábrico dado de alta no rexistro pesqueiro en 1998. O seu porto base está en Burela. 

Remolcado un pesqueiro ao norte de Estaca de Bares. SALVAMENTO MARÍTIMO
Remolcado un pesqueiro ao norte de Estaca de Bares. SALVAMENTO MARÍTIMO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta