O alcalde de Ferrol denuncia ao Ministerio de Transportes por ter "paralizadas" as obras de humanización das Pías

Rey Varela asegura que o Goberno central non contesta os requirimentos da administración local.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2024 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, denunciou que o seu goberno "non ten ningunha información oficial nin extraoficial do Goberno de España de por que está paralizada unha das obras máis importantes da cidade", en alusión á actuación da avenida das Pías e que afecta a varios barrios da cidade "con moita poboación afectada", como Caranza, Esteiro ou Ultramar.

O rexedor asegurou que ao non contar con información, "o único" que pode facer é "observar como calquera veciño" e o que ve, engadiu, é que "nos últimos meses están paralizadas".

PÉLETS

Re yVarela realizou estas declaracións ao finalizar a xunta de goberno deste luns, na que tamén se abordou a situación na que se atopan os areais nos que desde o pasado 8 de xaneiro catro brigadas do servizo de limpeza, formadas por tres operarios cada unha, traballaron todas as mañás para detectar e recoller restos de plástico.

Segundo Rey Varela, este fin de semana deron "un paso máis", xa que "hai moita xente que se está brindando a colaborar", pero convén realizalo "de maneira coordinada". Por iso, iniciaron unha campaña de voluntariado "para traballar de maneira coordinada e transversal con Protección Civil, a Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol e a Xunta".

Así, as persoas que desexen colaborar deberán cubrir un formulario cos seus datos e dispoñibilidade para que así se poidan establecer grupos de traballo e traballar coordinadamente coas brigadas municipais e coas da administración autonómica. O cuestionario pode cubrirse directamente na páxina web do Concello de Ferrol ou descargalo a través dun código QR. A información será centralizada pola Oficina de voluntariado do Concello de Ferrol.

Rey Varela/. CONCELLO DE FERROL / Europa Press
Rey Varela/. CONCELLO DE FERROL / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta