18F.- Podemos Galicia presentará un recurso se quedan excluídos do debate da CRTVG

A candidata de Podemos Galicia, Isabel Faraldo, manifestou que a súa exclusión "non se debe a un criterio xurídico, senón político, e é o enésimo intento de tentar que Podemos non teña voz propia"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2024 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

Podemos Galicia presentará un recurso ante a xunta electoral de Galicia se queda finalmente excluído do debate electoral da CRTVG, que propuxo como data o 5 de febreiro pero que aínda ten que definir o plan de cobertura completo.

Despois de que a proposta da directora de campaña do PPdeG, Paula Prado, sexa a dun debate a catro (PP, BNG, PSOE e Sumar), Podemos Galicia sostén que, segundo os criterios dela mesma, a formación morada "debería estar incluída no debate", en relación a conseguir representación en Galicia nas xerais do pasado 23 de xullo.

"O que se presentou ás anteriores eleccións foi unha coalición asinada con Podemos a razón dun 23 por cento, polo que nos corresponde a parte proporcional dos dereitos electorais", sosteñen fontes de Podemos. En termos xurídicos, Podemos "cumpre co criterio de ter representación nas pasadas eleccións".

Así as cousas, a candidata de Podemos Galicia, Isabel Faraldo, manifestou que a súa exclusión "non se debe a un criterio xurídico, senón político, e é o enésimo intento de tentar que Podemos non teña voz propia". "Loitaremos para que a voz de Podemos estea presente no debate", remarcou.

Podemos Galicia recorrerá ante a xunta electoral se exclúen á formación do debate da CRTVG. PODEMOS GALICIA
Podemos Galicia recorrerá ante a xunta electoral se exclúen á formación do debate da CRTVG. PODEMOS GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta