Rueda estima en 18 millóns a súa proposta de gratuidade das primeiras matrículas universitarias

Destaca que a Xunta "estará á altura" das entidades que traballan con persoas con discapacidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2024 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

O líder do PPdeG e candidato á reelección como presidente da Xunta, Alfonso Rueda, estima que a proposta de gratuidade das primeiras matrículas dos graos universitarios galegos custará ás arcas autonómicas ao redor de 18 millóns de euros. De feito, suporá un aforro medio duns 3.000 euros por alumno.

Así o avanzou nunha comparecencia ante os medios antes de reunirse, na Cidade da Cultura de Santiago, co tres reitores das universidades públicas da Comunidade: Antonio López (Santiago), Manuel Reigosa (Vigo) e Ricardo Cao (A Coruña). Ao encontro tamén acudiu o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, quen vai de número 4 na lista do PP por Pontevedra para as eleccións autonómicas do 18 de maio; así como o director xeral de Universidades da Xunta, José Alberto Díez de Castro.

Rueda explicou que será unha medida universal, "para todos os alumnos de todos os cursos", que non estará vinculada á renda das familias porque está concibido como un servizo público "fundamental", igual que outros como a sanidade. Esta gratuidade nas primeiras matrículas que promete o PP de cara ao 18F aplicarase a partir do curso que arrinca en setembro e suporá un investimento da contorna dos 18 millóns de euros. O aforro medio por alumno, no caso de que vaia aprobando todas as materias do grao con normalidade, será duns 3.000 euros.

Neste contexto, o candidato popular confirmou que se fará a través dun mecanismo de compensación, é dicir, unha achega orzamentaria "a maiores" do plan financeiro plurianual para que non sexan as universidades as que teñan que soportar este gasto.

O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, reúnese cos reitores das universidades públicas galegas: Antonio López (Santiago), Manuel Reigosa (Vigo) e Ricardo Cao (A Coruña).. PPDEG
O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, reúnese cos reitores das universidades públicas galegas: Antonio López (Santiago), Manuel Reigosa (Vigo) e Ricardo Cao (A Coruña).. PPDEG

ENTIDADES DE PERSOAS CON DISCAPACIADE

Tamén o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, eloxiou este venres a tarefa das asociacións, entidades e profesionais que traballan con persoas con discapacidade para a consecución dunha sociedade "plenamente inclusiva", á vez que garantiu o apoio do Goberno galego "á altura" do "labor fundamental" que desenvolven.

Así o manifestou durante a súa visita ás instalacións da Asociación de Dano Cerebral Compostela Sarela, na que estivo acompañado pola conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García.

"Asociacións, profesionais e centros conseguen o que dificilmente se conseguiría só desde a Administración", manifestou o mandatario galego, en referencia á "vocación e profesionalidade" que ofrecen estas entidades de atención e apoio ás persoas con discapacidade, ademais de facilitar "o arrouparse e o pulo" entre familias. "E isto é fundamental e insubstituíble", aseverou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta