Moncho Reboiras, dividido en homenaxes

Un dos símbolos da UPG recibirá varias homenaxes no 40 aniversario do seu pasamento. Unha, do ”arredismo de clase, representado no país por Xeira e a FPG”, outra polo Movemento Galego ao Socialismo, corrente do BNG, e unha terceira pola propia UPG.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 11/08/2015 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

Moncho Reboiras, símbolo indiscutible da UPG, tamén terá varias homenaxes este mes no que se cumpren 40 anos do seu pasamento.  Cando menos, xa foron anunciadas tres. Unha será realizada polo "verdadeiro arredismo de clase, representado no país por Xeira e a FPG”. Ou iso é o que di esta formación nun comunicado. O outro polo Movemento Galego ao Socialismo, partido do BNG que xurdiu dunha escisión da UPG, e unha terceira da propia Unión do Povo Galego.

Moncho Reboiras
Moncho Reboiras | Fonte: galiza.indymedia.org

Este sindicalista, morto nun enfrontamento coa policía en 1975 cando era membro do Comité Central e do Comité Executivo da UPG, recibe anualmente homenaxes de diferentes formacións e sindicatos.

E como é habitual, a UPG organizará unha nova homenaxe este ano. "Os camaradas e as camaradas do Partido ao que Reboiras entregou xenerosamente o seu firme e activo compromiso militante, recollemos o seu exemplo e proclamamos a nosa fidelidade á causa da independencia nacional da Galiza, á que o noso camarada entregou a súa vida", apuntan nun comunicado.

Así, destacan que o o seu exemplo foi "precisamente a auto-organización do povo galego o que máis combate e o que máis teme o noso inimigo", en alusión ao Estado español. "Precisamente porque é a ferramenta básica para podermos enfrontar con decisión o camiño da nosa liberdade. Gran lección que non teremos que esquecer nunca", engade.

A súa homenaxe terá lugar en Ferrol, o vindeiro 12 de agosto. Ás 19.00 horas haberá unha concentración na Praza de Armas e desde alí os asistentes dirixiranse cara ao portal da rúa da Terra onde foi asasinado Moncho Reboiras e onde depositarán unha ofrenda floral. Media hora despois haberá unha intervención política coa participación de Adrián R. Bravo, secretario Xeral da UMG; Eva Espiñeira, concelleira do BNG en Ferrol e Néstor Rego, secretario Xeral da UPG e membro da Executiva Nacional do BNG.

Sen embargo, outro grupo xurdido precisamente dunha escisión da Unión do Pobo Galego, a Fronte Popular Galega tamén quere lembrar, novamente, a súa figura no 40 aniversario do seu asasinato cunha homenaxe en Teis, Vigo, “por ser este barrio obreiro da comarca viguesa o lugar onde o camarada Reboiras pasou a maior parte da súa vida e onde comezou a traballar e militar no compromiso popular e nacional por unha Galiza ceibe, independente e socialista”.

A lembranza de Moncho Reboiras mantén aceso o mellor da loita pola emancipación social das clases traballadoras ligada coa necesaria reivindicación dos dereitos colectivos e a defensa cultural do noso pobo, sen dúbida, piares estes sobre os que se alicerza a democratización radical da nosa sociedade”, apunta a FPG nun comunicado no que lembran que representan "o arredismo de clase”.

A homenaxe terá lugar o vindeiro 15 de agostona Praza do Toural -mercado de Teis- e  continuará, de seguido, cun xantar autoxestionado no Parque da Riouxa. “Farémolo porque canda Reboiras, en 2015, e canda a todas as persoas que deixaron o mellor da súa vida no combate político, cultural e sindical contra o fascismo e por unha Galiza ceibe e popular”, conclúe.

Pola súa banda, o Movemento Galego ao Socialismo realizará outra homenaxe no cemiterio de Imo (Dodro) este 12 de Agosto ás 13.00 horas. O acto contará coas intervencións de Xoán Bautista Mariño, concelleiro do BNG de Dodro, Rafael Mouzo, alcalde de Corcubión durante 26 anos e que impulsou a concesión dunha rúa a Moncho Reboiras neste Concello, e Noa Presas, membro da Mesa Nacional do MGS e de Isca!.

 

Recordaremos o exemplo vivo dun loitador pola liberación nacional e social de Galiza que levou o seu compromiso até as súas últimas consecuencias, dando a vida por unha causa pola que seguimos a loitar”, apunta nun comunicado. 

 

No transcurso do acto haberá unha actuación musical de Mini e Mero, e cun recital de poesía a cargo de Susana Sánchez Aríns e Verónica Martínez Delgado, que servirá como presentación do libro de poemas “Moncho Reboiras Vive!” que edita o MGS neste 40 aniversario, que conta con textos de Carmen Blanco, Claudio Rodríguez Fer, Darío Xohán Cabana, Igor Lugris, Isidro Novo, Marta Dacosta, Ramiro Vidal Alvarinho, Susana Sánchez Aríns, Teresa Moure e Verónica Martínez Delgado, e que estará dispoñíbel ese día.

 

A pesar de compartir espazos e militancia política no BNG, nin a UPG, nin o Movemento Galego ao Socialismo se puxeron de acordo para facer un acto conxunto para homenaxear a figura de Moncho Reboiras. Os dous decidiron, mesmo, competir en espazos publicitarios insertados en determinados medios nacionalistas, con banners case iguais, para promocionar as súas respectivas homenaxes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

10 Nacionalista

É unha vergoña esta división cunha figura tan representativa como a de Reboiras. Eu non son da UPG, nin da FPG, nin do MGS. Son militante do BNG e non me sinto representado por ningún destes grupos, pero se houbera unha homenaxe unitaria iría a ela porque sei o que Reboiras representa para o nacionalismo. Nótase que non aprendemos nada do que pretendía ensinarnos. Coa división non imos a ningún sitio. E tampouco entendo os ataques ao GC por contar unha verdade como un tempro. Supoño que o que fai é chamar a atención sobre esta división que temos no nacionalismo galego.

9 Termos Soldos

Onde non hai división é entre o PSOE de Carmela Silva e a UPG de Cesáreo Mosquera, o líder dese BNG tan raro e especial como é o de Pontevedra que chegaron a un acordo na Deputación provincial. Repartíronse os macrosalarios e liberacións. Segundo os medios, os dous partidos se reparten asesores de confianza a xeito de "18 personas, por un importe total 690.555 euros, y con salarios que van desde los 66.188 euros anuales del más elevado, hasta los 27.407 del más bajo. http://www.lavozdegalicia.es/notici...

1 Union de Impostores a Soldo

Aos que se din herdeiros do Reboiras podelles mais as ansias por encher o propio peto que a ideoloxia que din defender. Na UPG estan facendo p(a)is!

8 xenxibre

A FPG como ten a ousadía de erexirse os únicos arredistas de clase?. Non se da conta esta organización que após 30 anos segue a ser marxinal?. Un pouco de humildade, que non sodes os únicos, e con esa chulería así vos irá.

7 Apontamento

O Movemento Galego ao Socialismo non é unha corrente, é un partido comunista polo que dí a súa web. Galicia Confidencial esta nova está moi collida entre pinzas

1 Filologo

En galego é "apuntamento", apontamento é portugues.

2 burrólogo vilingue

mete a tua filologia-espanholista no ku

3 Filologo

Mellor no teu, que seguro que che gusta máis.

4 FidelCastro

O mgs e invento da upg con mantidos como debe ser

6 Apontamento

O Movemento Galego ao Socialismo non é unha corrente, é un partido comunista polo que dí a súa web. Galicia Confidencial esta nova está moi collida entre pinzas

1 LKI

Na súa web poden dicir misa cantada. O MGS é un grupo de presión de liberados sindicais que montaron Antolín, Mera, Parracho e compañía para esixir un anaco máis grande no reparto do pastel de subvencións que chuchan nas cúpulas da CIG. A ver se pensades que somos parv@s.