Activada a alerta laranxa para este luns en todo o litoral galego por temporal costeiro

Activa desde primeiras horas da mañá no noroeste e oeste do litoral da Coruña e na Mariña lucense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2024 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta activou a alerta laranxa para este luns por temporal costeiro en todo o litoral galego.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde primeiras horas da mañá no noroeste e oeste do litoral da Coruña e na Mariña lucense e ao mediodía estenderase ao suroeste da costa coruñesa e, pola tarde, ao litoral da provincia de Pontevedra.

Desta forma, espérase mar combinado do noroeste con ondas de ata seis metros, que poden alcanzar o sete metros entre Ortegal e Bares, na Coruña.

Na xornada deste domingo está activada a alerta amarela por temporal costeiro no noroeste e oeste da Coruña e na Mariña lucense e a situación no mar irá empeorando ao longo deste domingo. O aviso de nivel amarelo desta xornada deixará ventos de forza oito de 50 a 61 quilómetros por hora entre Fisterra e Sisargas, entre Ortegal e Bares e mar dentro.

Ademais, de forma ocasional, puiden darse vento no mar de 74 quilómetros por hora e mar combinado de oeste aumentando a ondas de cinco metros e rolando ao noroeste.

Temporal. Raúl Lomba - Europa Press - Arquivo
Temporal. Raúl Lomba - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta