A Xunta reclama ao Goberno que poña en marcha o Perte para a cadea mar-industria e a baixada do IVE

Para poder acceder aos fondos europeos e facilitar a súa transformación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2024 | Actualizada ás 16:08

Comparte esta noticia

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, reclamou ao Goberno central que poña en marcha canto antes o Perte para a cadea mar-industria para poder acceder aos fondos europeos e facilitar a súa transformación, ademais da baixada do IVE aos produtos pesqueiros.

Así o manifestou este martes no municipio pontevedrés de Vilaboa, onde visitou as instalacións da empresa conserveira Conservas do Noroeste.

Nesta liña, tal e como trasladou a Xunta nunha nota de prensa, considera que a baixada do IVE está avalada por informes de organismos independentes, entre os que están os elaborados polas universidades galegas, "que subliñan o seu impacto positivo tanto na evolución do consumo do peixe e mariscos, como no fomento da actividade económica favorecendo a xeración de emprego". Así mesmo, Villares puxo en valor "a calidade dos produtos do mar galegos", así como "as súas propiedades nutritivas con destacables beneficios para a saúde dos consumidores".

Por ese motivo, destacou a nova campaña de promoción do consumo posta en marcha polas confrarías e Agade baixo a lema 'Consome do noso', resaltando que a mellor forma de apoiar ás xentes do mar é consumindo o seu peixe e marisco.

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares visita as instalacións das conserveira Conservas do Noroeste.. XUNTA
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares visita as instalacións das conserveira Conservas do Noroeste.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta