Ourense, sede dunha etapa da Volta Ciclista a España 2024

A proba deportiva terá saída e chegada na provincia.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 30/01/2024 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

A provincia de Ourense será sede dunha etapa da Volta Ciclista a España deste ano con saída e chegada na provincia. O presidente provincial, Luís Menor; e o director da Volta Ciclista a España, Francisco Javier Guillén, asinaron o protocolo no que consta o acordo. Segundo destacan nun comunicado, a proba é "unha das probas deportivas máis importantes do mundo dentro desta disciplina". "Ourense volverá ser protagonista dunha das probas ciclistas máis importantes do mundo, cun escaparate para a provincia inmellorable", recalcou Menor.

O presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, e o director da Volta Ciclista a España, Francisco Javier Guillén, asinan o convenio para a etapa en Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, e o director da Volta Ciclista a España, Francisco Javier Guillén, asinan o convenio para a etapa en Ourense | Fonte: DEPUTACIÓN DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta