Por Galicia Confidencial | | 31/01/2024 | Actualizada ás 13:23
A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia as condicións en que están sendo atendidos os pacientes oncolóxicos que deben recibir tratamento no hospital de día. A sala de espera é claramente insuficiente para os pacientes e os seus acompañantes e a solución que se buscou para esta situación foi situar asentos nunha zona de paso por onde transitan quen vai a outras especialidades ou ao ascensor.
Apunta que hai que ter en conta que os pacientes oncolóxicos son persoas co sistema de defensas deteriorado, que quedan máis expostos, se cabe, a contraer outra enfermidade e, dito sexa de paso, asentos pouco confortables para quen ten reducida a súa mobilidade, caso frecuente nesta sección. Amosan o testemuño de Cristina Q.N. filla e acompañante dunha paciente oncolóxica de dito Hospital.
Ver esta publicación en Instagram
Una publicación compartida de Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
Aseguran que as condicións en que se atopan as persoas que reciben tratamento supón que non poidan estar moito tempo sen comer e, como na práctica pasan case todo o día, fai que se lles proporcione comida. "O que reciben como xantar componse dun bocadillo, unha peza de froita e un iogur. Se isto non parece o máis indicado para pacientes maiores ou con malestar que lles impide tolerar calquera tipo de alimento, se miramos en que se concreta a conclusión é moito peor, pois o bocadillo é de embutido e a froita está xa pasada", afirman.
A atención recibida por parte do persoal sanitario é valorada moi positivamente polos usuarios do servizo, pero é evidente que a dotación resulta insuficiente. Polo tanto, desde a asociación esixen unha vez máis á xerencia e ao xefe do servizo que as condicións do Hospital de Día Oncolóxico, que se axusten aos estándares de calidade e recomendacións do Ministerio de Sanidade publicadas no ano 2009.
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Gripe aviaria, a ameaza cíclica que nunca desaparece: "Cada certo tempo volven repetirse os episodios de alta letalidade"
- Aprobado o proxecto de cámping de caravanas en Vigo sen un informe de impacto ambiental
- Operación 'desbrozado de 4.200 quilómetros' de estradas en mes e medio
- Tres noites de cortes de tráfico en túneles da A-6 ao seu paso por Lugo por obras
- Santiago outorga a licenza para reformar a Facultade de Medicina no medio da polémica pola centralización da titulación
- As tres universidades galegas, entre as 1.000 mellores de todo o mundo