Galicia aposta por situar a economía social "no conxunto da economía de mercado" de cara a 2027

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, presentou este mércores nas dependencias de Viña Costeira a 2ª Estratexia galega de economía social: Horizonte 2027 que buscará "profesionalizar e diversificar as actividades desenvolvidas baixo estas fórmulas económicas e facelas aínda máis atractivas para mulleres e novas", ademais de impulsar sectores emerxentes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2024 | Actualizada ás 16:58

Comparte esta noticia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, presentou este mércores nas dependencias de Viña Costeira a 2ª Estratexia galega de economía social: Horizonte 2027 que buscará "profesionalizar e diversificar as actividades desenvolvidas baixo estas fórmulas económicas e facelas aínda máis atractivas para mulleres e novas", ademais de impulsar sectores emerxentes.

Nun acto que contou coa participación das entidades máis representativas deste modelo, a responsable autonómica incidiu en que Galicia quere situar a economía social "no conxunto da economía de mercado" e nos distintos sectores (tecnolóxico e dixital, verde, industrial e sustentable) "grazas á súa transversalidade".

Tal e como explican nun comunicado, a nova estratexia aspira a xerar 4.000 empregos e crear 400 novas entidades ata 2027. A planificación parte dun orzamento próximo aos 170 millóns e incidirá en mellorar as competencias das persoas e entidades que desenvolvan a súa actividade no cooperativismo e no resto de modelos da economía social.

Entre as medidas concretas a desenvolver, porase en marcha unha rede de aceleradoras, a través dos 'polos de emprendemento', que permita atraer ideas e investimentos á economía social galega e implantar programas para identificar oportunidades de negocio. Tamén avanzou a creación dun campus formativo para a capacitación de axentes intermedios e persoal de xestoría.

Así, indican, a Xunta quere dotar ás entidades de medidas que favorezan a comunicación das iniciativas e reforzar o peso desta fórmula no conxunto da economía galega. En canto a aspectos administrativos, o Goberno galego quere reducir o tempo de constitución das entidades a 37 día de media e o obxectivo de incrementar nun 25 % as entidades creadas en sectores emerxentes.

"Galicia contará nun horizonte a tres anos cunha economía social cun marcado acento feminino e atractivo para os mozos", remarcou a conselleira. O último informe da economía social de Galicia 2022, elaborado polo Centro de Estudos Cooperativos de Galicia (Cecoop) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) co apoio da Xunta, "reflicte que a creación de cooperativas segue batendo marcas".

Dúas traballadoras, camareiras, nun restaurante
Dúas traballadoras, camareiras, nun restaurante | Fonte: JULIA AMARAL - Arquivo

En 2022 creáronse na comunidade 142 cooperativas (a cifra máis elevada da serie histórica) con case 550 socias e socios promotores, cunha proporción do 50 % de mulleres. No mesmo período naceron 24 sociedades laborais, con 58 persoas socias e sete novos centros especiais de emprego. Apuntan que a economía social representa máis do 7 % do Produto Interior Bruto (PIB), un impacto anual en Galicia duns 850 millóns de euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta