Juan Pardo entra na campaña electoral de Galicia cunha carta sobre 'Xuntos'

Rueda difunde un vídeo no que le unha carta do cantante.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2024 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alfonso Rueda, difundiu un vídeo no que primeiro le e logo agradece unha "cariñosa" carta que, segundo verbaliza, asina o cantante Juan Pardo, cuxo 'Xuntos' decidiu versionar o PPdeG como tema de campaña.

No texto que le Rueda, quen alixeirou axenda para preparar o debate da TVG desta noite, o cantante remarca o papel de Xuntos e que unha gran parte da súa obra musical dedicouna a Galicia, "abanderando" mesmo polo mundo a música en galego cando era difícil encaixala en produción.

A carta tamén reflexiona sobre o papel de 'Xuntos', que nace coa ilusión de ser "un recordatorio popular e 'enxebre' dos pensamentos que enaltecen o sentir galego que o autor afirma que "ama e respecta".

A misiva tamén fai constar o "orgullo" que, como autor, fanlle sentir as versións de Xuntos e conclúe cunha mensaxe a Galicia, "nai dos mares": "A miña música segue estando ás túas ordes".

Rueda, xunto cun tuit no que afirma que Pardo forma parte "da historia" de Galicia, agradece a "cariñosa" carta ao cantante. "Querémosche, admiramos e lembramos moitísimo. E nestas dúas semanas estarás moito máis preto de nós. Xuntos", conclúe.

Versión do PPdeG do 'Xuntos', de Juan Pardo. PPDEG
Versión do PPdeG do 'Xuntos', de Juan Pardo. PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta