18F.- Besteiro compromete o 1% do presupeusto da Xunta a igualar e recuperar dereitos para o terceiro sector

O socialista reúnese na Coruña con máis de 80 colectivos sociais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2024 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

O aspirante socialista a liderar San Caetano, José Ramón Gómez Besteiro, comprometeuse a destinar o 1% do presupueto da Xutna a políticas de igualdade e a recuperar dereitos para o terceiro sector. En declaracións aos medios este xoves na Coruña o político lucense apostou pola igualdade como "reto verdadeiro de país" para recuperar a "desigualdade" derivada dos "recortes" sufridos durante os anos de goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia.

No sétimo día de campaña, Besteiro reuniuse na cidade herculina máis de 80 colectivos sociais da cidade, un encontro no que tamén participou a alcaldesa Inés Rey, á que puxo como exemplo de xestión dos servizos sociais para toda Galicia.

Ante estes colectivos, conforme informou o PSdeG, Besteiro comprometeuse a "desbloquear" os servizos de atención á dependencia e a cambiar os "bonos electoralistas" por "dereitos recoñecidos". Comprometeuse a incrementar os recursos para a atención á dependencia para cumprir co prazo de seis meses fixado por lei. Ademais, lembrou que segundo a Asociación Estatal de Directores e Xerentes de Servizos Sociais, Galicia é a terceira Comunidade autónoma que menos gasto asgina á dependencia.

Así mesmo, sinalou que Galicia recibe máis financiamento estatal "que nunca" mentres "continúa á cola do Estado en investimento polo deixamento do PP", que quere "boicotear un dereito fundamental para a vida das persoas. Na súa intervención, Besteiro comprometeuse a repor a Tarxeta Básica suprimida pola Xunta dentro dun plan de actuación contra a pobreza e a exclusión social con orzamento, prazos e medidas concretas, incorporando axudas á vivenda para familias vulnerables.

Ademais, defendeu a reforma da Lei de Inclusión Social de Galicia e as súas prestacións para adaptalas á nova situación xerada despois da posta en marcha do ingreso mínimo vital, que figura na Axenda social única consensuada coa Federación galega de municipios e provincias (Fegamp) e o terceiro sector. O candidato socialista acusou á Xunta de incumprir o seu compromiso e defendeu unha nova redacción que simplifique a xestión de axúdalas inclusión e conecte o IMV coa Risga.

RESIDENCIAS

O PSdeG sinalou que Besteiro tamén presentou o seu programa de servizos sociais, que inclúe un Plan de residencias para maiores con prezos xustos e atención personalizada, que permitiría ademais crear riqueza e emprego nos concellos, e dotar á atención domiciliaria de máis recursos.

Tambíen criticou que a Xunta respondese as denuncias de filtracións das inspeccións ás residencias "atacando aos inspectores", e comprometeuse a reforzar estes equipos.

Por último, dixo que como presidente asumirá a maior parte do custo do Servizo de Axuda no Fogar e comprometeuse a elaborar un plan de erradicación da pobreza infantil.

ENCONTRO CON ASOCIACIÓNS

Besteiro interveu ante as asociacións do tecido social e sociosanitario da Coruña, que traballan no ámbito da Dependencia, dos maiores, menores, saúde mental, condutas adictivas, persoas en risco de exclusión, acollida, igualdade ou discapacidade.

Ademais, destacou o esforzo modélico do Concello da Coruña na xestión dos servizos, destinado 4,6 millóns de euros en convenios na área para axudar ata o último veciño en situación de dificultade.

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reúnense con colectivos sociais. PSDEG
O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reúnense con colectivos sociais. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta