Diego Madrazo, garda civil: "En Galicia non existe agora o narcotráfico como en Andalucía, mais necesitamos material e persoal"

Diego Madrado pertence á Asociación Unificada de Guardias Civiles. Logo da morte de dous axentes en Barbate (Andalucía), o representante da AUGC sinala que nin gardas civís nin policías nacionais están tipificados como profesións de risco. Por outra parte, denuncian falta de vontade política que equipare salarios de gardas e policías nacionais con policías autonómicas así como poderen ter xubilacións sen perdas de poder adquisitivo.

Por Moncho Mariño | Santiago | 16/02/2024 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Un barco da Garda Civil na zona onde se atopa localizado un semisumerxible de fabricación artesanal.. Gustavo da Paz - Europa Press
Un barco da Garda Civil na zona onde se atopa localizado un semisumerxible de fabricación artesanal.. Gustavo da Paz - Europa Press

A AUGC participa na Plataforma por unha Xubilación Digna xunto coa totalidade de asociacións e sindicatos. Primeiramente necesitamos ser considerados profesión de risco, recoñecido isto teriamos acceso a unha xubilación sen perda de poder adquisitivo. Iso primeiramente daría xustiza, tanto para gardas como policías (nacionais), que a diferenza de policías locais e autonómicas si teñen recoñecido o seu aspecto de profesión de risco. É dicir, os gardas civís que foron abordados en Barbate (Andalucía) e os policías falecidos hai anos en Orzán para rescatar unha persoa non son considerados profesións de risco. O resto de corpos e forzas de seguridade do Estado si teñen o cualificativo de profesión de risco. Se se recoñecese este aspecto redundaría no aumento de cadros de persoal onde é urxente a súa renovación porque, por exemplo, o persoal da Policía Nacional está aumentando a un ritmo superior ao da Garda Civil cando este corpo manexa o 85% do territorio nacional.

-Que cuestións poden estar detrás da non cualificación como profesión de risco o traballo de Garda Civil e Policía Nacional?
Falta de vontade política e esta falta de vontade política estase a traducir en falta de dotación económica. A xubilación anticipada sairía das nóminas de gardas en activo, algo que aconteceu coas policías locais. Non debera ser un obstáculo para sermos considerados como unha profesión de risco e mellorar a nosa xubilación que sería sufragada polos axentes que estamos en activo, unha fórmula empregada xa nas policías locais, por tanto non entendemos a falta de vontade política para facelo. É certo que todos os partidos políticos a nivel estatal que se reuniron coa AUGC, recoñeceron esta necesidade, mais no momento de executala seguimos igual, levamos catro anos pelexando por este recoñecemento e non temos visto nada. O caso é que en 2018 asinouse un acordo de equiparación, non se cumpriu polo goberno do PSOE mais asinouse baixo o goberno do señor Rajoy e o goberno do PSOE non o cumpriu na súa totalidade. Agora, a Audiencia Nacional sacou unha sentenza pola que o Goberno debe sentar e negociar logo dunha denuncia da AUGC. Non queren sentar a negociar con gardas civís e policías nacionais ademais de teren recorrido esta sentenza. Entendemos que o Goberno pode estar máis cómodo noutro tipo de negociacións que cos lexítimos representantes de gardas civís e policías. Aínda así, esperamos gañar fronte este recurso que presentaron e ao final negocien e entre os puntos a negociar estea a xubilación de policías e gardas civís.

Os gardas civís e os policías nacionais non son considerados profesións de risco

-Mais esa diferenza salarial entre policías autonómicas e Garda Civil e Policía Nacional, onde está?
Reitero, cremos que é falta de vontade política. As policías autonómicas e o seu desenvolvemento dependeu de concesións para gobernar por parte dos diferentes gobernos de todas as cores. A isto sumarlle que tanto Policía Nacional e Garda Civil dependemos do Estado e por iso non somos condición para negociar un escano ou un goberno, por iso nos foron abandonando. Todo isto acabou dexenerando na situación que vivimos hoxe en día, no caso da Garda Civil é máis acentuado, non esquezamos que un garda civil traballa un mes máis por ano que un policía nacional. O que demandamos desde as plataformas pola equiparación e xubilacións dignas é unha cantidade similar á dos Mossos d'Esquadra. Os gardas civís non temos unha xubilación sen perda de poder adquisitivo, logo o salario de 1.350 euros, que é unha base, en función de onde esteamos destinados vaise incrementando con complementos. Así pódese chegar a 1.800 ou 2.000 segundo a especialidade. Os Mossos cobran 2.700 ou 2.800 euros a fin de mes. Non se nos paga segundo o número de horas que traballamos e tampouco queremos perda de poder adquisitivo nas xubilacións.

Coche da Garda Civil
Coche da Garda Civil | Fonte: Gustavo da Paz - Europa Press

-O feito dunhas diferenzas salariais como as apuntadas desincentiva ou desanima a membros da Garda Civil continuar no corpo?
Debemos lembrar que ser garda civil ten unha forte compoñente vocacional. Queremos que melloren as nosas condicións laborais, sobre todo pola desigualdade con respecto a outros corpos policiais mais non existe ningún trasvase significativo a outras forzas e corpos de seguridade ou ao sector privado. Dentro de que somos gardas civís queremos mellorar a nosa situación, non queremos escapar dela.

-Dentro do que é a sección de Tráfico, cales son as principais problemáticas que presenta Galicia?
Necesitamos aumentar o cadro de persoal porque o número de axentes segue sendo o mesmo. En 2014 aprobouse unha norma pola que a xornada dun garda civil, aínda sendo maior que a de restos policiais, trouxo melloras, índices correctores que compensaban con libranzas a realización de servizos nocturnos e festivos, trouxo a redución de horas que fai un garda civil. Iso non veu acompañado dun aumento do cadro de persoal, por iso desde 2014 houbo unha perda de servios e de patrullas ademais da diminución do plantel de persoal. Co descenso de persoal e perder horas de servizo loxicamente hai un grande descenso de vixilancia nas estradas. A rede viaria galega é moi extensa e ademais existe unha dispersión poboacional moi acusada e necesita dunha maior vixilancia.

Os Mossos cobran 2.700 ou 2.800 euros a fin de mes. Non se nos paga segundo o número de horas que traballamos e tampouco queremos perda de poder adquisitivo nas xubilacións

-Existe falta de dotación material?
Faltan vehículos de catro rodas. En Pontevedra fan falta vehículos mais consideramos que é por unha mala xestión, hai vehículos que quedan detidos en novembro por falta de cambio de aceite e todo por pechar un exercicio orzamentario e non hai cartos até o ano seguinte para facer un cambio de aceite. Necesitariamos máis vehículos de catro rodas e máis axentes. Temos dispoñibilidade de motocicletas mais en ocasións puntuais hai falta de vehículos para axentes.

-Sobre o equipamento individual de cada axente, cales son as reclamacións de AUGC?
Levamos tempo reclamando que hai axentes pedindo roupa de abrigo desde hai dous anos. Se levan tres anos con roupa de entre tempo nas áreas de costa, despois de tres anos aínda non se dotaron destas roupas. Ademais, hai falta de prendas de auga, cada vez que se debe realizar algún cambio dentro da Agrupación de Tráfico deben cumprirse uns trámites administrativos hai que enviar unhas fotografías a Madrid, en vez de ser unha reposición automática cada certo tempo como defende AUGC. Non entendemos as trabas á reposición de material, por que son tan lentas e non chegan cando deberan chegar. Sabemos dunha operación aberta por parte de Asuntos Internos da Garda Civil sobre determinados mandos que levaban o servizo de fornecemento e uniformidade. Non sabemos se esa será a causa destes atrasos e destes controis, mais desde logo, a roupa ten que chegar a quen estamos na estrada.

-E todo isto por falta de vontade política ou orzamentaria?
Ás veces existe unha sensación de que a Garda Civil desaparecerá non  porque o decida o Estado senón  por non poder asumir todas as competencias que lle corresponde. O servizo do Mar da Garda Civil en Cataluña non ten case recursos e mentres estase fornecendo un servizo dos Mossos d'Esquadra. Por iso digo que cando non poidamos cubrir as nosas competencias virán outros facelo cando a Garda Civil é un elemento vertebrador e as decisións tómanse de maneira máis centralizada.

-Iso en Tráfico, mais noutras seccións da Garda Civil sucede o mesmo?
Si, puidose ver hai uns días en Andalucía como uns compañeiros se enfrontaron a embarcacións de narcotraficantes con embarcacións semirríxicas de doce metros contra unha embarcaciónd a Garda Civil semirríxida mais de seis metros. Isto nun lugar tan delicado como é a zona de Gibraltar, La Línea e o Estreito, onde o 80% das embarcacións da Garda Civil están avariadas para unha loita contra o narcoterrorismo, todo iso xa di moito do material que ten a Garda Civil.

-A  día de hoxe en Galicia vívese unha situación similar á de Andalucía e tamén en canto material?
No seu momento Galicia si foi unha porta de entrada da droga procedente de América. Logo do traballo feito polas instancias xudiciais non existe un problema coa intensidade daqueles anos. Aínda hai narcotráfico en Galicia mais non é como o de Andalucía, hai máis control. Mais agora mesmo non trascende a unha cuestión de violencia social. Materialmente temos unha base de servizo marítimo na Coruña. Se houbese que perseguir narcolanchas deberíase traer material. Fai falta máis persoal.

O servizo do Mar da Garda Civil en Cataluña non ten case recursos e mentres estase fornecendo un servizo dos Mossos d'Esquadra

-E todo isto por falta de vontade política ou orzamentaria?
Ás veces existe unha sensación de que a Garda Civil desaparecerá non  porque o decida o Estado senón  por non poder asumir todas as competencias que lle corresponde. O servizo do Mar da Garda Civil en Cataluña non ten case recursos e mentres estase fornecendo un servizo dos Mossos d'Esquadra. Por iso digo que cando non poidamos cubrir as nosas competencias virán outros facelo cando a Garda Civil é un elemento vertebrador e as decisións tómanse de maneira máis centralizada.

-Se se dese o caso de “desaparición” da Garda Civil, que corpos terían que asumir as súas competencias?
A Garda Civil é insubstituible que leva funcionando desde 1844. Os gardas civís ademais de reclamar melloras laborais, que estamos no noso dereito lexítimo de reclamalas, non sei cal sería o corpo que podería desenvolver as nosas accións. Cando foi o de Angrois, o 50% dos gardas civís que estaban alí fixérono fóra de servizo. Sinceramente creo que non  se pode substituír a Garda Civil pola súa calidade humana e de servizo. Cremos que se debe ser reforzada cun despregamento territorial axeitado, non o despregamento do século XIX, reforzo e dignidade para os seus membros. Termos as mesmas condicións laborais que outros corpos.

-Cales serían as condicións que demandarían para equipararse por exemplo, coa Policía Nacional?
A supresión do Código Penal Militar cando non estamos integrados nunha forza armada. Hai gardas que van en misións ao estranxeiro realizando tarefas de policía militar integrados nunha forza armada, aí si entendemos que se aplique o código militar. Mais cando as nosas funcións son meramente civís, somos policías e non militares, as nosas funcións son policiais e debería aplicarse o código penal civil en caso de cometerse delitos. Non pode ser unha excusa para un mando cometer un abuso e que o xulgue un código militar máis severo coa base que cos oficiais. No Código Penal civil se alguén comete un delito contra os dereitos dos traballadores por non proporcionar material de protección hai unhas penas duras. No código militar pasa por un “velará pola seguridade dos seus subordinados”. O principio rector do código militar é a disciplina e isto ampara que a denuncia dun inferior a un superior é unha falta de disciplina, mesmo podería ser perseguido quen denuncian por unha falta de lealdade. En sentido inverso, os superiores poden dar conta dos inferiores e non pasa nada se un tribunal lles denega a razón. Segundo, pedimos un sistema de quendas e libranzas similar á Policía Nacional, 6-6, este sistema debera ser compatible na Garda Civil e se non o é que metan máis persoal, pois non debemos ser os gardas quen paguen a falta de previsión da Administración cando ser fai anuncio de oferta de emprego público para a Garda Civil. 

Axente da Garda Civil de Tráfico.. GARDA CIVIL - Arquivo
Axente da Garda Civil de Tráfico.. GARDA CIVIL - Arquivo | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta