Adeus de xeito definitivo ao parque eólico planteado por Greenalia entre A Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade

A Xunta arquivou o proxecto do parque eólico de Cabanelas.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 15/02/2024 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

A Xunta arquivou o proxecto do parque eólico de Cabanelas, que promovía Greenalia entre os municipios da Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade despois de non superar o trámite ambiental. Segundo a resolución publicada no Diario Oficial de Galicia este xoves, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais tamén cancela desta forma a garantía económica de 360.000 euros depositada por Greenalia. En xaneiro de 2023, o Goberno galego denegou a declaración de impacto ambiental a este parque eólico. Agora, procede á cancelación definitiva do proxecto e o seu arquivo.

Renovables-parques eólicos
Renovables-parques eólicos | Fonte: EUROPA PRESS - IBERDROLA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta