Piden 8 anos de prisión para un home que acoitelou a unha descoñecida en Marín durante un brote psicótico

Coa intención de acabar coa vida da muller, de forma "sorpresiva", atacouna por detrás cun coitelo de mango negro de 15 centímetros. Propinoulle varias coiteladas no tórax e o pescozo.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 17/02/2024 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Ourense acollerá o vindeiro xoves, día 22, o xuízo contra un home acusado de acoitelar en Marín a unha muller que paseaba pola rúa durante un brote psicótico. Fiscalía pide para el 8 anos de prisión por homicidio en grao de tentativa. Os feitos sucederon sobre as 9.30 horas do 13 de febreiro de 2023, cando o procesado cruzouse no lugar do Sequelo cunha veciña de Marín coa que non tiña "ningún tipo de relación".

Entón, coa intención de acabar coa vida da muller, de forma "sorpresiva", atacouna por detrás cun coitelo de mango negro de 15 centímetros. O home propinoulle varias coiteladas no tórax e o pescozo. A muller gritou pedindo auxilio e, tratando de repeler a agresión, chegou a caer ao chan, onde o procesado seguiuna acoitelando. Finalmente, ela conseguiu quitarlle a arma e tirouna a unha leira próxima, momento que aproveitou o agresor para abandonar o lugar.

O home, admite Fiscalía, padece un trastorno esquizoafectivo e, no momento dos feitos, sufría un trastorno psicótico que "lle impedía comprender e interpretar adecuadamente a súa contorna e de obrar libremente segundo a súa comprensión". O Ministerio Publico considera os feitos constitutivos dun delito de asasinato en grao de tentativa coa agravante de aleivosía e a eximente incompleta de alteración psíquica. Por iso, pide para o acusado 8 anos de prisión, así como afastamento da vítima por 10 anos. En concepto de responsabilidade civil, o procesado deberá indemnizar á vítima con máis de 12.000 euros polas secuelas xeradas, así como pagar máis de 8.000 euros ao Sergas polos gastos xerados.

Audiencia provincial de Ourense
Audiencia provincial de Ourense | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta