O Celta une aos tres grandes candidatos á Xunta o día antes do enfrontamento nas urnas

Por Galicia Confidencial | VIGO | 17/02/2024 | Actualizada ás 20:46

Comparte esta noticia

Os tres grandes candidatos á presidencia da Xunta, Alfonso Rueda (PPdeG), Ana Pontón (BNG) e José Ramón Gómez Besteiro (PSdeG), uníronse nesta xornada de reflexión nun lugar: o estadio de Balaídos, en Vigo (cuxa remodelación está dando tanto que falar). E é que este sábado enfrontábase o Celta ao Barcelona e ningún dos líderes políticos quixo perderse este encontro, como una forma de desconectar dunha longa campaña nesta carreira cara as urnas da que mañá se coñecerá o gañador.

Imaxe do estadio municipal de Balaídos
Imaxe do estadio municipal de Balaídos | Fonte: GC - Arquivo

Por que todos coincidiron nesta cita? Porque se trataba dun gran encontro para os galegos que aman o fútbol. O Celta de Vigo está próximo ao descenso, mentres que o Barça estase xogando o non descolgarse da loita pola Liga, perseguindo ao Girona e ao Real Madrid. O partido desta xornada 25 comezou ás 18.30 horas. Un partido moi igualado no que o Barça se puxo por diante ao final da primeira parte e o Celta empatou nada máis comezar a segunda. Finalmente, e tras un penalti a favor do Barcelona, o partido rematou cun 1-2.

A candidata nacionalista á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, sacándose fotos ás portas de Balaídos, a 17 de febreiro de 2024
A candidata nacionalista á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, sacándose fotos ás portas de Balaídos, a 17 de febreiro de 2024 | Fonte: X
O candidato do PP á Xunta de Galicia, Alfonso Rueda (c), e o presidente do Barcelona Joan Laporta (d), durante o partido correspondente á xornada 25 de LaLiga EA Sports disputado entre o Celta de Vigo e o Barcelona no estadio de Balaídos, este sábado en Vigo
O candidato do PP á Xunta de Galicia, Alfonso Rueda (c), e o presidente do Barcelona Joan Laporta (d), durante o partido correspondente á xornada 25 de LaLiga EA Sports disputado entre o Celta de Vigo e o Barcelona no estadio de Balaídos, este sábado en Vigo | Fonte: EFE- Lavandeira JR
O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, nas inmediacións do Estadio de Balaídos xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero
O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, nas inmediacións do Estadio de Balaídos xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero | Fonte: PSDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta