18F.- A participación en Galicia supera o 49 % ás 17.00 horas, seis puntos máis que nas últimas tres eleccións autonómicas

Ata as 12.00 horas a participación alcanzaba o 17,12 %, cifra que se situaba 2,3 puntos por baixo da rexistrada a esa hora na convocatoria electoral de fai catro anos e dous puntos por encima da cifra de participación na cita coas urnas de 2016, cando ao mediodía acudiran a votar o 15,01 % dos electores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2024 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

A participación nas eleccións ao Parlamento de Galicia deste domingo ascendeu ao 49,16 por cento ata as 17.00 horas, unha porcentaxe que se sitúa seis puntos por encima do 42,97 % dos comicios de 2020, marcados pola pandemia, e do 42,49 % rexistrado nas autonómicas de 2016. En 2012, a afluencia a esta hora fora do 42,5 %. Por provincias, na Coruña a participación sitúase no 48,57 % (+ 5,73); en Lugo, no 49,75 % (+ 7,86); en Ourense, no 50,19 % (+ 7,50); en Pontevedra, no 49,34 % (+ 5,74).

Unha persoa exerce o seu dereito a voto, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a 18 de febreiro de 2024, en Santiago de Compostela
Unha persoa exerce o seu dereito a voto, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a 18 de febreiro de 2024, en Santiago de Compostela | Fonte: César Arxina

En Ourense, rexístrase unha subida do 7,5 %, cunha participación ás 17.00 horas do 50,19 %. Mentres, nas provincias da Coruña e Pontevedra depositaron xa o seu voto en urna un 48,57 % e un 49,34 % respectivamente, 5,7 puntos máis que nos pasados comicios. Así o expuxo o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, nunha comparecencia ante a prensa para dar conta da evolución da xornada electoral a falta de dúas horas e media para o peche dos colexios electorais.

Ata as 12.00 horas a participación alcanzaba o 17,12 %, cifra que se situaba 2,3 puntos por baixo da rexistrada a esa hora na convocatoria electoral de fai catro anos e dous puntos por encima da cifra de participación na cita coas urnas de 2016, cando ao mediodía acudiran a votar o 15,01 % dos electores.

Cabe destacar que as eleccións do ano 2020 estiveron marcadas pola pandemia, con zonas como A Mariña lucense onde a Xunta adoptara medidas de restrición da mobilidade debido a un rebrote de coronavirus. Así, se comparamos estes datos de 2024 cos de 2016, os últimos comicios desenvolvidos con total normalidade, a participación aumentou un 6,66 %, xa que fai oito anos a esta hora votaran o 42,49 % dos electores.

Ademais, os datos coñecidos esta tarde sinalan que a participación ás 17.00 horas deste 2024 supera tamén por máis de seis puntos os notificados nas eleccións de 2012, cando votara a esta hora o 42,5 % dos galegos citados coas urnas. Para atopar uns comicios cunha participación semellante hai que remontarse aos de 2009. Naquela ocasión, a participación fora tamén superior ao 49 %.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta