As enquisas da TVG, La Voz e El Mundo apuntan que Rueda seguirá de presidente

A enquisa GAD3 di que saca entre 39 e 40, a de La Voz baixa a 39 e a de El Mundo, entre 38 e 40.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/02/2024 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

Alfonso Rueda podería continuar como presidente da Xunta e cunha maioría absoluta confortable, a pesar de perder entre dous e tres escanos, xa que se move entre 38 e 40 parlamentarios segundo as enquisas de  GAD3 para a TVG, Sondaxe para La Voz e Sigma2 para El Mundo.

Feijóo e Rueda cen o mitin de peche de campaña.. Gustavo da Paz - Europa Press
Feijóo e Rueda cen o mitin de peche de campaña.. Gustavo da Paz - Europa Press

Precisamente, esta última enquisa é a que dá o límite para o PPdeG que se movería entre 38 e 40 escanos, mentres que o BNG subiría a entre 24 e 25 e o PSdeG baixaría a entre 10 e 12. Democracia Ourensana podería entrar cun parlamentario.

Na de GAD3 para a TVG, o PPdeG obtería entre 39 e 40 escanos, o BNG sería a forza que máis subiría, entre cinco e seis escanos, para quedar entre os 24 e 25, mentres que o PSdeG baixaría dos 14 actuais a nove ou dez. Democracia Ourensana podería tamén entrar na Cámara galega cun escano. 

O PP situaríase un escano por encima do listón da maioría absoluta en Galicia ao conseguir 39 escanos, o BNG subiría a 25 deputados e o PSdeG retrocedería de 14 a 11 prazas no Parlamento galego. Nesta enquisa, Democracia Ourensana non entraría.

O que sí coinciden as tres enquisas é que nin Sumar, nin Podemos, nin Vox terían representación na Cámara galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta