O PSdeG só creceu en votos en dous concellos de Galicia

Foi en Ribeira de Piquín e Negueira de Muñiz, os dous en Lugo.

Por Amanda Fernández | A Coruña | 21/02/2024 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O PSdeG foi a forza máis votada en cinco concellos galegos, tres na provincia de Lugo e dous na de Ourense. En Ribeira de Piquín obtivo 189 votos e subíu con respecto aos pasados comicios de 2020 (153) e de 2016 (175). Isto contrasta coa baixada do PP, que sigue como segunda forza, e coa curiosa baixada do BNG (en 2024 obtivo 29 votos e no 2020, 32). É o único concello dos cinco, onde os socialistas subiron e os Bloque baixou en votos. 

Evolución histórica dos gañadores nas eleccións galegas concello a concello
Evolución histórica dos gañadores nas eleccións galegas concello a concello

En Negueira de Muñiz, tamén subiu o PSdeG en votos con respecto ao 2020 moi lixeiramente (42 votos en 2024 e 38 no 2020) e conseguiu tamén subir en comparación cos comicios de 2016. Como segunda forza queda o PP que baixa en votos (de 36 votos en 2020 aos 33 deste ano) en detrimento do BNG que sube 4,95 puntos. 

Seguindo co último concello de triunfo socialista en Lugo, en Pedrafita do Cebreiro gañou pero perdeu votos (309 en 2020 polos 279 de 2024, baixou 7,36 puntos). Por detrás quedou o PP que subiu 4,21 puntos e o BNG que tamén obtivo máis votos. Como cuarta forza sitúase Vox con 7 votos. 

Xa na provincia de Ourense, en Entrimo gañou o PSdeG pero experimentou a baixada de votos máis notable de todos estes concellos. En 2020 obtivera 361 votos polos 297 de 2024, baixou 8,62 puntos. No segundo escalafón queda o PP que experimentou unha subida de 2,61 votos e os nacionalistas foron os que máis subiron 4,92 puntos. Destaca tamén a incursión de Democracia Ourensana con 18 votos. 

En Calvos de Randín, o PSdeG gañou pero baixou lixeiramente (208 en 2020 polos 194 de 2024), ao igual que o PP (171 por 159), mentres que o Bloque subiu 3,10 puntos con respecto aos comicios anteriores. DO obtivo 13 votos e situouse como cuarta forza nestes comicios no concello. 

En conclusión, o PsdeG mantivo a súa primeira praza nestes concellos onde xa fora elixido en 2020 e 2016, pero experimenta unha baixada en tres dos cinco, que coinciden co aumento do PP (en Entrimo e Pedrafita do Cebreiro). Así, os populares continúan na segunda posición que ocupan xa desde fai oito anos. O Bloque conseguiu máis votos en todos os concellos, agás en Ribeira de Piquín. Destaca tamén a irrupción de DO nos dous concellos de Ourense, Entrimo e Calvos de Randín, precisamente este é o único concello onde baixaron tanto socialistas como populares e no que subiron os nacionalistas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta