Luisa Villalta inspira 'Indóciles', un espectáculo que axunta poesía, música e narración

Estréase esta semana con dúas representacións: un preeestreno en Soutomaior, o xoves, e a estrea en Santiago de Compostela, o venres (no marco do Festival Rosalía).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2024 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

'Indóciles', un espectáculo multidisciplinar sobre a homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas, Luísa Villalta, estréase esta semana con dúas representacións: un preeestreno en Soutomaior, o xoves, e a estrea en Santiago de Compostela, o venres (no marco do Festival Rosalía). Esta proposta, ideada por Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut, axunta música, poesía e narración oral para achegar ao público a obra do poeta coruñesa.

"Villalta foi unha autora comprometida e versátil, cun legado literario provocador e rebelde. A proposta de 'Indóciles' é tamén provocadora e rebelde, coa narradora oral Vero Rilo, a recitadora Nuria Vil e a música de Mónica de Nut", explican nun comunicado. Culturactiva é a encargada de distribuír este programa, que comezará a virar esta semana e xa ten datas pechadas en Sada e na Cidade da Cultura para celebrar o mes das Letras Galegas.

Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut, responsables de 'Indóciles'. CULTURACTIVA
Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut, responsables de 'Indóciles'. CULTURACTIVA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta