Un traballador dunha planta areeira de Porqueira golpeado pola góndola dun camión tivo que ser evacuado ao CHUO

Ten 52 anos.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 04/03/2024 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

Un traballador de 52 anos de idade, A.M.C., resultou ferido este luns no municipio ourensán de Porqueira, tras recibir un golpe da parte traseira da góndola dun camión, e foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Segundo informaron fontes do CIAE 112 Galicia e do 061, o accidente tivo lugar pasadas as 9.00 horas, cando este traballador foi golpeado pola rampla da góndola do vehículo, mentres traballaba na planta areeira das Míllaras.

Foi precisamente o 061 o que deu aviso aos servizos de Emerxencias, e desde o 112 informouse do sucedido a Protección Civil de Porqueira, e á Garda Civil. Ao lugar acudiu unha ambulancia de Soporte Vital Básico, que trasladou ao traballador ferido, consciente, ao complexo hospitario.

Góndola de camión para o transporte de maquinaria
Góndola de camión para o transporte de maquinaria | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta