A narradora Vero Rilo reivindica a escena como ferramenta contra a desmemoria polo Día do Teatro

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) publica o texto que cada ano encarga a unha persoa de recoñecido prestixio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2024 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

A narradora oral Vero Rilo asina neste 2024 o Manifesto Galego polo Día Mundial do Teatro, un texto no que define a escena como "transgresión, rebeldía e salvavidas" á vez que a reivindica como ferramenta imprescindible contra a desmemoria e para derrubar a "norma inxusta e demoledora". Rilo, que cita a Castelao na apertura do texto e o despide cunha proclama de Luísa Villalta, introduce unha vertente pacifista no seu texto ao facer referencia á invasión de Palestina e enxalza o poder da risa para "cambiar o mundo".

O Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro, que cada ano encarga a Asociación de Actores e Actrices de Galicia a unha firma destacada do sector cultural inclúe nestas 2024 mensaxes contra a precariedade laboral, contra a censura e contra o "afogo administrativo", unhas trabas ás que "se enfronta" a escena cada día.

A narradora súmase co seu texto á longa lista de persoas de recoñecido prestixio nos ámbitos da escena, do xornalismo cultural e da literatura que cada ano, a petición da AAAG, asinan o Manifesto Galego polo Día Mundial do Teatro. Esta lista inclúe, entre outros moitos, os nomes de Evaristo Calvo, María Xosé Queizán, Xurxo Borrazás, Camilo Franco, Aldao&Lado, Méndez Ferrín ou Imma Antonio.

Rilo lerá o texto na gala dos Premios de Teatro María Casares, que se celebrará o 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Nela, un total de 19 espectáculos competirán polos 16 galardóns nos que se dividen os premios do certame organizado pola AAAG co patrocinio da Xunta de Galicia, o Concello da Coruña, a Deputación de Coruña, o Padroado de Cultura do Concello de Narón, a Fundación AISGE e Gadis.

Arquivo - A narradora Vero Rilo. AAAG (YOLANDA ATARAXIA) - Arquivo
Arquivo - A narradora Vero Rilo. AAAG (YOLANDA ATARAXIA) - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta