Buscan a un octoxenario con principios de Alzhéimer desaparecido en Bergondo

As primeiras informacións apuntan á posibilidade de que tomase un autobús en dirección ao municipio de Sada.

Por Europa Press / Redacción | | 06/03/2024 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

Un dispostivo no que participan Garda Civil, Policía Local e Protección Civil busca desde a mañá deste mércores a un octoxenario residente en Bergondo que non regresou ao seu fogar despois de saír a pasear á primeira hora da mañá.

Segundo trasladou o Concello de Bergondo nun comunicado, Enrique Pereiro ten 87 anos, reside no lugar de Babío da parroquia de Santa Marta e padece principios da enfermidade de Alzhéimer. As primeiras informacións apuntan á posibilidade de que o desaparecido tomase un autobús en dirección ao municipio de Sada, onde se despregaron efectivos que participan no dispositivo de procura para tratar de dar co seu paradoiro.

Imaxe dun vehículo da Garda Civil.. GARDA CIVIL
Imaxe dun vehículo da Garda Civil.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta