A Deputación da Coruña destinará axudas para festivais de arte urbana

As axudas repartiranse entre cinco beneficiarios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2024 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña promove axudas para os festivais de arte urbana, como o de Rianxo, que visitou este mércores o vicepresidente provincial e deputado de Turismo, Xosé Regueira.

Este municipio é un dos beneficiarios do programa, que destina 149.980 euros a concellos da provincia para a realización de festivais de arte pública urbana na modalidade de pintura mural.

As axudas repartiranse entre cinco beneficiarios. Un é o VII edición do Cromático Mural Fest, do Concello de Cambre con 41.291 euros, e o outro Festival Rexenera Fest, de Carballo, con 43.750 euros.

Tamén se benefician Expresa Oleiros Urban Fest, con 39.265 euros e o XVII Festival de Arte Urbana DesOrdes Creativas, de Ordes, con 36.775 euros. No caso de Rianxo son 27.400 euros.

Noutra orde de cousas, a institución provincial adxudicou por 856.890 euros a execución da segunda fase da mellora da estrada DP-1105, que conecta os municipios de Noia, Lousame e Boiro.

O deputado provincial de Turismo, Xosé Regueira, visita Rianxo, beneficiario de axudas para murais urbanos. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O deputado provincial de Turismo, Xosé Regueira, visita Rianxo, beneficiario de axudas para murais urbanos. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta