Aparece o octoxenario veciño de Fisterra desaparecido desde a tarde do luns

Xunto a este, mantense a procura doutro home, de 90 anos, desaparecido no municipio coruñés de Aranga.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2024 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

Alberto Blanco, un veciño de Fisterra, de 84 anos desaparecido na tarde do luns, xa foi localizado despois dun amplo dispositivo de busca despregado pola Garda Civil. Segundo informan fontes do Instituto Armado a Europa Press, este home, que reside en Sardiñeiro, fóra visto por última vez ás 19.30 horas e ao intre deuse o aviso ás forzas de seguridade.

Deste xeito, activouse un operativo de procura desde o posto da Garda Civil de Carballo no que tamén participan o Seprona de Corcubión, Policía Local de Fisterra e Protección Civil. Ademais, mobilizouse un helicóptero. Xunto a este, mantíñase a procura doutro home, de 90 anos, desaparecido no municipio coruñés de Aranga o pasado xoves, do que aínda non se ten coñecemento.

Coche da Garda Civil
Coche da Garda Civil | Fonte: GARDA CIVIL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta