O BNG sobre a renuncia a presentar os orzamentos para 2024 do Goberno: "Ten marxe para cumprir coa axenda galega"

En concreto, Rego cre que se poden "facer as modificacións necesarias" para levar a cabo as cuestións recollidas no acordo de investidura entre o Bloque e o PSOE para 2024, que entre outros puntos pasan por impulsar as proximidades ferroviarias, bonificacións na AP-9 e a AP-53, estudos para modernizar a liña ferroviaria ou a creación de tres xulgados de violencia machista en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 14/03/2024 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, cre que o Goberno ten marxe e conta cos "mecanismos suficientes" para cumprir coa axenda galega, a pesar de que renunciase a presentar os Orzamentos de 2024 polo adianto electoral en Cataluña. En concreto, Rego cre que se poden "facer as modificacións necesarias" para levar a cabo as cuestións recollidas no acordo de investidura entre o Bloque e o PSOE para 2024, que entre outros puntos pasan por impulsar as proximidades ferroviarias, bonificacións na AP-9 e a AP-53, estudos para modernizar a liña ferroviaria ou a creación de tres xulgados de violencia machista en Galicia.

"Se o Goberno di que cos orzamentos prorrogados pode gobernar, o Goberno poderá cumprir os acordos aos que chegou", comentou Rego, que non entanto criticou ao Executivo por renunciar ás contas sen antes constatar os apoios que contaba nas Cortes. Así as cousas, o deputado confía en que o PSOE cumpra co pactado porque é "o lóxico". "O noso obxectivo é velar por que se cumpra, para iso imos traballar, non me quero pór noutra hipótese", resolveu.

O deputado de BNG Néstor Rego intervén durante unha sesión plenaria, no Congreso dos Deputados, a 14 de marzo de 2024, en Madrid
O deputado de BNG Néstor Rego intervén durante unha sesión plenaria, no Congreso dos Deputados, a 14 de marzo de 2024, en Madrid | Fonte: Alejandro Martínez Vélez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta