Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2024 | Actualizada ás 18:24
O Recinto Feiral Internacional de Galicia, en Silleda, acollerá este sábado a realización das probas do concurso-oposición do Sergas, nas que un total de 1.698 aspirantes están convocadas para acceder a unha das 163 prazas ofertadas pola administración autonómica nun total de 37 especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área.
Así, ás 9,30 horas, están convocadas un total de 707 persoas opositoras e, para os exames da quenda de tarde (16,00 horas), foron admitidas un total de 991 aspirantes.
As categorías con maior número de aspirantes admitidos/as son: especialista en medicina interna (147), seguido de facultativo/a especialista en pediatría e áreas específicas (128) e especialista en anestesioloxía e reanimación (112).
MEDIDAS DE ORGANIZACIÓN
A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas lembrou que para acceder ao recinto non se realiza o chamamento dos aspirantes no exterior do recinto de realización das probas.
A acreditación para o acceso efectuarase a través de código QR, que os aspirantes poderán obter a través de Fides/expedient-e e que deberá levar impreso o día do exame e conservar ata a finalización das probas.
O código QR conterá información da data, hora, lugar, pavillón, porta de acceso e posto do exame que corresponde a cada aspirante, ademais de incluír indicacións xerais a ter en conta para o acceso e no desenvolvemento das probas.
Os que se presenten ás probas selectivas terán dispoñible, a través de Fides/expedient-e, un certificado de asistencia, a partir do día seguinte ao de realización dos exercicios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.