A obra de Talía Teatro, 'Unha inimiga do pobo', a gran gañadora dos XXVIII Premios de Teatro María Casares

A presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Arantza Villar. Na súa intervención, puxo o foco na precariedade do sector.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2024 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

A obra de Talía Teatro 'Unha inimiga do pobo' foi a protagonista dos XXVIII Premios de Teatro María Casares ao levar sete dos nove galardóns aos que estaba nomeada, incluídas categorías como mellor espectáculo, dirección e actriz protagonista. A gala de entrega de premios tivo lguar este xoves no Teatro Rosalía da Coruña.

Nesta edición, optaban a premio un total de 19 de producións, das que 'Unha inimiga do pobo' foi a gran triunfadora ao conseguir mellor espectáculo, actriz protagonista para Marta Lado, actor secundario para Toño Casais, adaptación-tradución para Vanesa Sotelo e Perico Asorey, espazo escénico para Dani Trillo, iluminación para Laura Iturralde e dirección, galardón que Perico Asorey compartiu con Quico Cadaval, director de 'O auto de Castromil'.

Estoutra montaxe, de Producións Teatráis Excénctricas en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), fíxose con dous galardóns. Ademais do xa citado premio á dirección de Cadaval, conseguiu tamén o de vestiario para Carlos Alonso.

'Deadpan Karaoke', de Ibuprofeno Teatro, gañou nas dúas categorías nas que optaba a premio: maquillaxe (Baia Fernández) e o espazo sonoro para Mónica de Nut.

Pola súa banda, 'Nanai da China', produción de Pérez&Fernández, levou o premio a mellor espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas, mentres que o premio ao mellor espectáculo infantil foi para a compañía Caramuxo Teatro por 'Crisálida'.

Toni Salgado alzouse co premio a mellor actor protagonista polo seu papel en 'Shakespeare en Roma', do Centro Dramático Galego. Ademais, a compañía de teatro público levou outro galardón, o de mellor dirección de movemento para María Torres e Gonçalo Guerreiro pola obra 'Un hotel de primeira sobre o río'.

Por último, o galardón a mellor actriz secundaria foi para María Roja pola súa interpretación en 'Entrega en man', de Contraproducións, mentres que Manuel Cortés impúxose na categoría de texto orixinal por óbraa 'Códice K', de Ainé.

PRECARIEDADE NO SECTOR

A gala, que foi retransmitida por Youtube, contou co discurso da presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Arantza Villar. Na súa intervención, puxo o foco na precariedade do sector, facéndose eco do informe socioeconómico da AISGE para lembrar que "o 77% da profesión da interpretación de todo o estado ingresa menos de 12.000 euros anuais polo seu oficio" e que os ingresos dos actores masculinos supera "nun 40% o das actrices".

"Desde aquí, desde os escenarios, podemos pelexar contra a precariedade. É necesario facelo desde o colectivo", defendeu a presidenta da AAAG, que tamén celebrou que o sector escénico e audiovisual conten cun "tecido asociativo profesional sólido".

Así mesmo, Villar destacou que a finais de 2023 a AAG, xunto a outras asociacións, asinou o Protocolo para a prevención e actuación en casos de acoso sexual e por razón de sexo e/ou xénero nos ámbitos dás artes escénicas e musicais.

Arquivo - Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro. PREMIOS MARÍA CASARES - Arquivo
Arquivo - Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro. PREMIOS MARÍA CASARES - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta