Rouban nunha xoiaría de Santiago tras romper o escaparate cunha tapa de sumidoiro

Na madrugada do martes tamén se produciu un intento de roubo na Facultade de Matemáticas cun 'modus operandi' similar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2024 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

Unha xoiaría de Santiago situada en San Miguel dos Agros, preto da catedral, rexistrou un roubo na madrugada deste martes despois de que rompesen o seu escaparate, previsiblemente cunha tapa de sumidoiro, e levasen varias xoias. Así o explicaron fontes policiais consultadas por Europa Pres e detallaron que, ata o lugar, se desprazaron varias patrullas da Policía Nacional e Local.

Os ladróns romperon o escaparate cun obxecto metálico, posiblemente un sumidoiro, e levaron as xoias que se atopaban expostas.

O propietario do establecemento xa presentou unha denuncia e entregou unha relación detallada dos obxectos subtraídos. As dilixencias están abertas e, polo momento, non hai detidos.

ROUBO NA USC

Por outra banda, tamén nesa mesma madrugada produciuse outro intento de roubo na cafetaría da Facultade de Matemáticas, situada no Campus Vida.

O 'modus operandi' é similar polo que a policía "non se descarta ningunha hipótese" e poida que trate "do mesmo autor ou autores".

Imaxe de arquivo dun axente da Policía Nacional / POLICÍA NACIONAL - Arquivo / Europa Press
Imaxe de arquivo dun axente da Policía Nacional / POLICÍA NACIONAL - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta