Por Galicia Confidencial | LUGO | 15/04/2024 | Actualizada ás 21:00
Sabedes o que é o urso? O urso é a forma na que chaman no Courel ao oso pardo, un animal en perigo de extinción na nosa comunidade que, con todo, conserva pequenas poboacións nesta zona da serra galega ao sureste da provincia de Lugo. Pero, por se aínda non o tendes claro, imos deixar que volo conten os alumnos de 3º da ESO do IES Marcos de Camballón, que saíron na procura do urso durante unha xuntanza de regueifa: o IV Encontro Intercentros de Improvisación Oral, celebrado na Pobra do Brollón e no Courel, no que conviviron o IES Alfonso VII de Caldas de Reis, o CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel, o IES Basanta Silva de Vilalba, o IES Río Cabe de Monforte, o CPI da Póvoa do Brollón e o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces.
Foron dúas xornadas de conviviencia e actividades arredor do brindo, a regueifa e a poesía, con visita á casa do poeta Uxío Novoneyra en Parada do Courel incluída. Mais tamén houbo un protagonista especial: o oso do Courel, que apareceu en varias ocasións: como elemento cultural do Entroido de Salceda, na Pobra do Brollón, en entrevistas da rapazada á veciñanza da zona e no final do documentario elaborado polo alumnado do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces.
O brindo dicía así: "Aquí estamos no Courel, natureza pura e fresca, pero hai que ter coidado por se o urso se presenta", cantaba unha das rapazas. "E nós estamos aquí, non sabedes o que é o urso, estou cantando un brindo para ver se ben o urso", chamábao outra. "Foi un longo camiño, máis xa estamos aquí, e por se escoita o urso, tamos a chamar por ti", dicía outra. "Ai, nós con esta canción, tamos a chamar por ti, ai, pero se nos escoitas, pegaremos de fuxir", confesaba unha regueifeira finalmente, intres antes de botar a correr porque, efectivamente, o urso (oso pardo) apareceu en escea, querendo pouco menos que comer a cámara.
Outro dos alumnos do IES Marco de Camballón conta a historia de que na zona do Courel, durante o Entroido, o urso é tamén "unha persoa que vai disfrazada de oso e vai pintando as caras da xente e ten os seus escravos que van cun pau, buscando a xente á que collen e despois lévana xunto ao oso e píntanlle coas cinzas que ten nun caldeiro". 'Ningún animal ou profe foi maltratado na gravación deste documentario, alerta unha mensaxe ao final do vídeo', afortunadamente.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- (Vídeo) Trueno prende Castrelos como un 'Real Gangsta Love': unha noite de barras, rimas e moito flow en Vigo
- Proposta da Xunta e RAG para cambiar a denominación de 2.532 concellos, parroquias e lugares no Nomenclátor galego
- O Ministerio de Cultura axudará a impulsar a rehabilitación dun dos edificios da Casa Museo Rosalía de Castro
- Unha casa cuartel de Cerdedo-Cotobade e dúas presas en Covelo incorporadas ao Patrimonio Cultural
- Máis dun millón de visualizacións en dous días para unha curta sobre recortes de paradas do AVE na Gudiña
- O Congreso ratificará o real decreto para declarar o Xacobeo 2027 de especial interese público