Cae parte do muro dunha vivenda en Sanxenxo debido ás fortes choivas

O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Medio Ambiente, Yago Torres, acudiron este martes ao lugar cun técnico municipal e a Policía Local para comunicar á dona do inmoble o perigo do estado da súa propiedade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2024 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

As intensas choivas rexistradas nas últimas semanas provocaron a caída de parte do muro dunha vivenda situada na praia da Carabuxeira, no municipio pontevedrés de Sanxenxo.

O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Medio Ambiente, Yago Torres, acudiron este martes ao lugar cun técnico municipal e a Policía Local para comunicar á dona do inmoble o perigo do estado da súa propiedade.

Ademais, Martín puxo en coñecemento de Costas de Pontevedra a situación e ordenou ao servizo municipal de Emerxencias precintar o acceso á zona por motivos de seguridade.

Na parcela anexa á vivenda, informan o Concello, hai xa tempo que o muro que sostiña a terra foi cedendo durante os temporais do inverno. A situación agora entraña máis perigo, xa que o muro non só sostén o xardín frontal da vivenda, se non tamén unha edificación usada como almacén ou garaxe.

O Concello de Sanxenxo leva tramitando desde o 2018 en Costas a recuperación da fachada marítima desta zona do litoral cunha pasarela que permita o acceso público e comunique a praia da Carabuxeira, Lavapanos e Panadeira. No último informe emitido por Costas incídese que en que neste momento só sería posible a instalación dun paseo de tipo desmontable ou de carácter fixo en servidume de tránsito que, na actualidade, está ocupada por diversos peches e edificacións, polo que se se decide facer un paseo fixo terá que ser mediante cesións voluntarias ou expropiacións.

Este proxecto inclúese dentro da recuperación do areal con outras dúas actuacións: a construción dun espigón rampla perpendicular á praia (unindo as rocas existentes) de case 100 metros por máis de dous de ancho para evitar a perda de area e a achega de 17.000 metros cúbicos de area procedentes da contorna da actuación, que se suman aos 10.000 metros cúbicos depositados en maio de 2021 e 3.000 metros máis en Lavapanos.

Estas actuacións, sinalou o Concello, requiren unha longa tramitación que, entre outros trámites, inclúe unha avaliación ambiental e a solicitude ante o Servizo Provincial de Costas dos títulos de ocupación necesarios para realizar o tres actuacións previstas.

As intensas choivas derruban parte dun muro dunha vivenda na praia da Carabuxeira (Sanxenxo). CONCELLO DE SANXENXO
As intensas choivas derruban parte dun muro dunha vivenda na praia da Carabuxeira (Sanxenxo). CONCELLO DE SANXENXO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta