As familias galegas poderán solicitar praza no programa de vacacións en residencias de tempo libre desde o venres

A Xunta adiantou un mes, desde leste mesmo venres, a apertura de prazo para que as familias soliciten o programa de vacacións nas Residencias de Tempo Libre autonómicas, que ten lugar durante os meses de xullo a outubro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2024 | Actualizada ás 15:34

Comparte esta noticia

A Xunta adiantou un mes, desde este mesmo venres, a apertura de prazo para que as familias soliciten o programa de vacacións nas Residencias de Tempo Libre autonómicas, que ten lugar durante os meses de xullo a outubro. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, anunciouno este mércores, durante unha visita o centro de Nigrán, apuntando que o Diario Oficial de Galicia publicará o xoves esta convocatoria para que as familias teñan máis tempo para planificar as súas vacacións.

Na edición deste ano 2024, este programa contará con 2.720 prazas repartidas en dez quendas durante os meses de xullo a outubro nas residencias de Panxón (Nigrán) e O Carballiño. Deste xeito, o prazo de solicitude abrirá o venres 12 de abril e permanecerá aberto ata o día 25. Como cada ano, as familias numerosas, monoparentais, acolledoras e de vítimas de violencia de xénero, contarán con acceso prioritario.

En concreto, a residencia de Panxón ofertará 1.400 prazas e a do Carballiño outras 1.320. O Goberno galego ampliou o pasado ano as quendas ata o mes de outubro para que as familias con fillos maiores ou sen fillos poidan gozar tamén destas residencias. Ademais, antes da pandemia as quendas eran de entre nove e dez noites, e agora son de seis noites. As solicitudes deberán realizarse por sede electrónica da Xunta e as tarifas terán prezos alcanzables para as familias.

O director xeral de Familia, Jacobo Rey, visita a residencia de Panxón
O director xeral de Familia, Jacobo Rey, visita a residencia de Panxón | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta