Detido un home polo incendio intencionado de varios coches dunha empresa de aluguer en Santiago

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2024 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

Detido un home por incendiar, supostamente, varios coches dunha empresa de aluguer de vehículos en Santiago tras unha disputa co dono da compañía. O lume chegou a afectar a unha vivenda próxima.

Un camión de bombeiros
Un camión de bombeiros | Fonte: EP

Fontes polciales indican que se produciu un altercado entre varias persoas previa ao incendio. Cando os axentes se desprazaron á zona atopáronse co lume, que afectaba tamén a unha vivenda próxima. As persoas que se atopaban no interior da casa tiveron que ser desaloxadas.

Apuntan que, por mor das desavinzas entre o cliente e o dono dos vehículos, o home provocou o lume nos coches, aínda que non descartan ningunha hipótese. Os efectivos localizaron ao home nos arredores e procederon á súa detención, á que se resitió.

Varios coches arderon. Tal e como informou o 112, pasaban das 20.00 horas cando un particular chamou ao servizo para alertar de que ardían varios coches nunha empresa de aluguer situada en Sabugueira, no lugar de O Noval.

O lume, que comezou nun dos vehículos, propagouse rapidamente a outros dous estacionados nas proximidades. Á súa chegada, os bombeiros procederon a extinguir o incendio e a refrigerar a zona. As forzas da orde encárganse de investigar o sucedido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta