Por Erik Dobaño | MADRID | 15/04/2024 | Actualizada ás 10:02
Un home de 72 faleceu ao ser atropelado por un turismo que conducía o seu fillo cando realizaba manobras no interior dunha propiedade privada do municipio ourensán de Trasmiras.
O suceso tivo lugar ás 21,00 horas do pasado domingo, cando a vítima foi alcanzada por un coche que daba marcha atrás no patio dunha casa situada no lugar de Soutelo, segundo informaron os servizos de emerxencia.
A voz de alerta foi dada por un familiar que chamou ao 112 para pedir asistencia médica urxente para o home, que se atopaba inconsciente tras recibir o impacto. Ata o lugar mobilizáronse efectivos de Urxencias Sanitarias, que non puideron facer nada pola vida do home. Tamén acudiron ao lugar axentes da Garda Civil para solicitar información sobre o sinistro.
Ás 23,50 horas, o forense de garda acordou o levantamento do cadáver e o seu trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, onde se lle realizará a autopsia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.