O PP pide que se impida un acto sobre Lenin na Coruña: "Imaxínanse ceder un espazo municipal para unha homenaxe a Hitler?"

O grupo municipal do PP no Concello da Coruña solicitou á alcaldesa, Inés Rey, que impida un "acto de ensalzamento" a Lenin, programado tamén en Ferrol onde gobernan os populares. Inés Rey, ao ser cuestionada pola demanda feita polo PP, preguntou se os populares coruñeses "vanlle a pedir ao seu compañeiro que proscriba o acto desta asociación" en Ferrol.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 17/04/2024 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia