Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2024 | Actualizada ás 13:12
Un xabaril percorreu na medianoite entre o mércores e o xoves o centro da cidade de Santiago, onde foi avistado por diferentes veciños por rúas como Castrón Douro, O Hórreo, a estación intermodal ou o barrio de Sar. Segundo relatan veciños de Castrón Douro a Europa Press, o xabaril avanzaba ás 00.00 horas do xoves en solitario con dous coches detrás da Policía Local que advertían do perigo cun megáfono. Seguiu a súa camiñada nocturna por Curros Enríquez e Bernardo Barreiro.
Os bombeiros de Santiago explican que recibiron chamadas da presenza do animal na contorna de Brañas do Sar e a estación intermodal, así como Bernardo Barreiro. Finalmente, bombeiros e Policía Local lograron neutralizar ao porco salvaxe nun garaxe no Hórreo. Posteriormente, foi liberado no monte polos axentes.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Máis de 2000 persoas en toda Galicia pasan á última fase das oposicións de educación
- Desmantelada unha organización criminal dedicada á estafa na venda de vehículos
- O CIFP de Compostela lidera a xestión sostible cos seus propios residuos orgánicos
- Unha nova arqueoloxía que pon o foco nas plantas: o CSIC aposta pola arqueobotánica en Galicia
- Investigan a desaparición dun golfiño na ría de Ferrol e piden colaboración cidadá
- Alertan sobre o risco de golpes de calor en persoas que toman psicofármacos