María José Gómez considera "probablemente intencionados" os últimos incendios: "Vai no ADN de Galicia"

A conselleira de Medio Rural sinalou que "están a vir uns días de seca, con nordeste, vento forte, e xa sabedes o que pasa, non?". Remarca sobre uns lumes que "están a evolucionar ben".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2024 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

A nova conselleira do Medio Rural, María José Gómez, considera que os incendios desta semana rexistrados na comunidade son "probablemente intencionados". "Vai no ADN de Galicia", afirmou.

A preguntas da prensa antes de participar en Santiago nun encontro de coordinación sobre a loita contra a velutina, a conselleira sinalou que "están a vir uns días de seca, con nordeste, vento forte, e xa sabedes o que pasa, non?". Remarca sobre uns lumes que "están a evolucionar ben".

O peor incendio rexistrado desta semana foi ata o momento o de Crecente  con 170 hectáreas queimadas. En declaracións a Europa Press, o alcalde, Julio César García-Luengo, asegurou que "non hai ningunha dúbida" de que o lume iniciado en tres focos diferentes no municipio "foi intencionado".

Cuestionada sobre a petición de maior estabilidade de persoal laboral fixo descontinuo de loita contra o lume en Galicia, a conselleira respondeu: "Non me chegou esa petición". Lembra que os traballadores con contratos de seis meses van pasar a nove meses en 2026. Esta mesma semana incorporáronse preto dun milleiro para traballar durante sete meses.

No que vai de semana, extinguíronse en Galicia os incendios de: Crecente, con 170 hectáreas arrasadas; A Fonsagrada, 65 hectáreas; Oímbra, 23,5 hectáreas; así como no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, dúas hectáreas. En total, suman unhas 260 hectáreas calcinadas.

"LEVO TRES DÍAS NA CONSELLERÍA"

Por outra banda, tamén foi preguntada por diferente demandas que lle fan organizacións agrarias respecto do seu novo cargo. "Levo tres días na Consellería, non tiven tempo nin de despachar con todos os directores xerais", indicou Gómez.

"Non falei con Unións Agrarias nin me chegou a min ningunha petición, de momento", expresou sobre esta cuestión.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, en declaracións aos medios. XUNTA
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, en declaracións aos medios. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xanc

Todos os galeg@s temos un pirómano dentro... En fin... Galicia Rueda! Disfruten lo votado