Novidades no Dicionario da RAG: 'Anicamento', 'teito de cristal', 'cultura da cancelación' ou 'birimbao'

O Seminario de Lexicografía da Academia sumou unhas 40 voces novas ao glosario oficial da lingua galega, ao que tamén se engadiron novas acepcións de palabras e melloras na redacción doutra vientena de vocábulos e expresións

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2024 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

'Anicamento', 'teito de cristal', 'cultura da cancelación', 'birimbao' ou 'escaleta' son algunhas das novas entradas que foron incorporadas na última actualización do Dicionario da Real Academia Galega (RAG).

O Seminario de Lexicografía da Academia sumou unhas 40 voces novas ao glosario oficial da lingua galega, ao que tamén se engadiron novas acepcións de palabras e melloras na redacción doutra vientena de vocábulos e expresións.

Entre as novas palabras están 'agachamento' e 'anicamento', que en castelán corresponden ao exercicio físico da sentadilla, consistente en flexionar e estender as pernas coa columna vertebral recta.

Tamén se suman outras voces relacionadas co mundo do deporte como 'haltere', que degina a barra de discos, ou 'vólei', que xa figura no dicionario como sinónimo de 'voleibol' e 'balónvolea'.

'Escaleta', guión detallado que se usa na realización de programas audiovisuais, e 'esgrafiado', técnica decorativa que consiste en practica incisiones cun estilete nunha superficie deixando á vista a capa inferior, son outras das palabras técnicas que se incorporan ao dicionario, ao que se engaden tamén 'birimbao' ou 'trompa galega'.

NOVAS EXPRESIÓNS

No apartado de frases e expresións figuran como novidades que a lema 'teito' úsase como locución sustantiva de 'teito de cristal' para referirse a a barreira invisible que impide a unha persoa ou unha minoría alcanzar determinados postos de relevancia.

Tamén se suma a 'cultura' o fraseoloxismo 'cultura de cancelación', que consiste na retirada de apoio moral, financeiro ou social a persoas ou organizacións por determinados comentarios ou accións.

Ademais, o dicionario da RAG engade cambios nas acepcións de 'comadre', ás que se incorpora o significado de muller coa que se ten máis trato ou confianza e se establece unha relación de amizade, apoio mutuo ou compañía. Esta foi a acepción recoñecida como 'palabra do ano' na votación popular da RAG en 2022.

Doutra banda, 'cónxuxe' pasa a definirse como cada unha das persoas dun matrimonio e 'consorte' adapta a súa redacción para respectarse a diversidade, algo que tamén ocorre co termo 'autismo'.

Novas palabras do Dicionario da RAG. RAG
Novas palabras do Dicionario da RAG. RAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

O birimbao que é gaita!