Compostela celebrará o 25 de abril cunha homenaxe ao cantautor luso José Afonso

A cidadanía poderá unirse ao canto colectivo escrito polo Zeca, 'Grândola Vila Morena'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2024 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, e a deputada provincial de Cultura, Natividad González, e o presidente de AJA Galicia, Odilo G. Carneiro, presentaron esta mañá en rolda de prensa algúns dos eventos centrais que terán lugar do próximo 25 de abril con motivo da conmemoración do 50 aniversario da Revolución dos Caraveis.

Míriam Louzao lembrou que "son moitos e ben estreitos os lazos que a cidade de Compostela mantén co país veciño, así como coas creadoras e creadores da Lusofonía, e moitas as iniciativas, proxectos e redes que nos hermanan coa sociedade portuguesa". Nesta liña, adiantou que o Concello participará de maneira activa nas "múltiples homenaxes a esa revolución pacífica que supuxo a restauración da democracia e da que agora se cumpren 50 anos".

A concelleira convidou a toda a cidadanía a unirse ao canto colectivo da composición de Zeca Afonso 'Grândola Vila Morena' que se erixiu en himno da liberdade. A acción desenvolverase o vindeiro xoves 25 de abril ás 18.30 horas na praza da Música en Compostela, á entrada do Auditorio. Todas as persoas interesadas en participar deberán inscribirse no formulario habilitado na páxina web de Compostela Cultura antes de 21 de abril a través da que "xa confirmaron ao redor de 700 persoas", detallou.

Aquelas formacións vocais ou musicais interesadas en tomar parte tamén poden facer unha única inscrición grupal indicando o número de asistentes. As persoas e colectivos inscritos recibirán a través de correo electrónico a confirmación da inscrición e unhas indicacións breves cara ao desenvolvemento coordinado da acción.

A concelleira de Educación de Santiago, Miriam Louzao.. CONCELLO DE SANTIAGO
A concelleira de Educación de Santiago, Miriam Louzao.. CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta