Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2024 | Actualizada ás 09:54
A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado o incendio forestal que se iniciou esta noite na localidade pontevedresa da Cañiza, que afecta a 20 hectáreas.
En concreto, o lume comezou pasadas as 22,00 horas deste martes na parroquia de Parada das Achas. Por agora, mobilizáronse para a súa extinción tres técnicos, 14 axentes, 26 brigadas, 23 motobombas, unha pa, un tractor e un helicóptero.
A Consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delictuosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.