Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/04/2024 | Actualizada ás 16:05
A Garda Civil detivo a un veciño de Malpica como presunto autor dun delito de roubo con intimidación e violencia e tentativa doutro en sucursais bancarias da provincia. O 23 de febreiro frustrouse o primeiro intento de roubo a unha sucursal da localidade de Esteiro, onde o presunto autor non chega a acceder ao banco, xa que o empregado llo impide porque sospeitou da súa actitude e roupa. Catro días máis tarde, o mesmo autor, asalta outra sucursal bancaria de Ponte do Porto, Camariñas, onde tras acceder, agrede e intimida cunha arma de fogo ao único empregado e consigue sustraer un total de 44.000 euros.
Ver esta publicación en Instagram
Una publicación compartida por Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
O presunto autor atopábase cumprindo condena por feitos similares e foi posto a disposición do Xuzgado de 1º Instancia e Instrucción número 2 de Corcubión, tras prestar declaración, a Titular do Xuzgado acordou o seu ingreso en prisión sen fianza e comunicada.
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Incendio nunha empresa de colchóns mobiliza un amplo operativo de emerxencias
- Tráfico "vai ir con todo" para garantir a seguridade en ralis e concentracións moteiras en Pontevedra
- A Xunta insiste en realizar cazas do lobo porque vai a acabar con "gandeiros, cabalos, cervos, cachenas ou lebres"
- A Xunta sobre a expedición que busca bidóns radioactivos: "O Goberno ten que coñecer de onde, se é unha expedición francesa"
- Dispara para protestar polo ruído que facía un veciño nunha churrascada
- Localizan a unha octoxenaria desaparecida este xoves en Paderne