Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/05/2024 | Actualizada ás 13:29
A Deputación de Ourense, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Liberdade de Prensa, anunciou a renovación do 'Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo', que no seu XXIII edición terá dúas modalidades: un galardón á traxectoria dun profesional dos medios de comunicación e unha bolsa para estudantes que iniciasen o grao de Xornalismo.
As novas bases do premio, que deberá aprobar a xunta de goberno para despois facer a oportuna convocatoria, establecen que, a partir desta edición, o galardón terá como finalidade recoñecer a traxectoria profesional dun xornalista, tendo en conta para o fallo os seus vínculos persoais ou profesionais con Galicia, "especialmente coa provincia de Ourense".
Para esta modalidade, cunha dotación económica de 4.500 euros, os integrantes do xurado poderán presentar ata tres candidaturas por cada un dos membros, propostas que se referirán a profesionais ou colaboradores habituais que exerzan o seu labor en medios de comunicación escritos, audiovisuais ou dixitais. Institucións, asociacións ou colectivos de calquera ámbito (económico, social, cultural ou deportivo, entre outros) poderán tamén presentar a súa candidatura, nesta ocasión por unha entidade.
A segunda das modalidades ten por obxectivo premiar o mellor expediente académico daquela alumna ou alumno ourensán que estudase o primeiro ano do grao de Xornalismo no sistema público universitario español, correspondente ao ano académico 2022-2023. Con este fin promóvese a Bolsa Xosé Aurelio Carracedo, dotada con 3.000 euros.
O xurado estará presidido polo presidente da Deputación de Ourense e actuarán como vogais un representante do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, un representante da Federación de Asociación de Xornalistas (FAPE), un representante da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela; e un representnate da Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación da Universidade de Vigo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.