Desaloxan aos veciños dun edificio de Tomiño por un forte cheiro a gas

Tras a avaliación dos Bombeiros que comprobaron que o cheiro podía provir das arquetas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2024 | Actualizada ás 10:33

Comparte esta noticia

Os veciños dun edificio situado na avenida de Ordóñez, en Goián, no concello pontevedrés de Tomiño foron desaloxados, por precaución, tras un forte cheiro a gas. Segundo informou o 112, o suceso ocorreu minutos despois das 20,30 horas do venres cando unha persoa contactou coa Policía Local e explicou que había un cheiro a butano no edificio.

A central de emerxencias alertou aos Bombeiros de Baixo Miño, aos membros do GES da Guarda, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e ao persoal da empresa subministradora do gas. Unha vez no punto, os axentes da Policía Local confirmaron a percepción do forte cheiro a gas na segunda planta, por ou que procederon a evacuar a todo o edificio.

Pola súa banda, os Bombeiros comprobaron os resultados negativos dos valores e indicaron que a orixe do cheiro a gas, probablemente tiña relación coas arquetas da rúa. Desta forma, e tras a avaliación dos profesionais, os veciños volveron ás súas casas e non houbo que lamentar ningún dano.

112  / Europa Press - Arquivo / Europa Press
112 / Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta