Educación quere reducir a burocracia dos centros escolares xa para o próximo curso

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2024 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, participou este venres en Santiago nunha reunión dos grupos de traballo para a simplificación administrativa nos centros educativos, cos que avanzou en medidas para tratar de reducir a carga burocrática dos colexios, algunhas das cales poderían implantarse xa o próximo curso.

Tal e como indicou o conselleiro en declaracións aos medios, o acordo sindical de mellora asinado hai poucos meses recollía a necesidade de "pór en marcha procedementos tendentes a reducir a tramitación burocrática" nos centros educativos, un labor que "sempre é unha carga" e "consome unha parte significativa do traballo dos docentes".

"O que se pretende, da man dos propios profesionais, é deseñar procedementos, procesos, que vaian orientados a reducir a carga burocrática que hai nos propios centros educativos", apuntou o conselleiro. Para iso, a temática se debate nos grupos de traballo que a consellería ten creados por cada nivel educativo e que están compostos por un inspector educativo e profesores e directores de centros.

Coa experiencia dos propios docentes, destacou Román Rodríguez, analizaranse os trámites que lles xeran máis carga e aqueles que se poden simplificar reducindo procesos ou facéndoos máis sinxelos, coa idea de que algunha das medidas "poida xa implementarse en setembro", de face ao próximo curso.

Reunión do conselleiro de Educación co grupo de traballo para a redución burocrática en centros educativos.
Reunión do conselleiro de Educación co grupo de traballo para a redución burocrática en centros educativos. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta