Guerra total na política en Ponteareas. "Ti e eu ímonos ver no xulgado, por imbécil tío"

BNG, PSOE e PEC convocaron unha rolda de prensa conxunta para denunciar as presións e insultos do goberno municipal do PPdeG.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 14/05/2024 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

O pleno do Concello de Ponteareas sufriu este pasado luns unha rifa sesión despois de que unha concelleira do PP chamase "imbécil" ao portavoz do BNG, Miguel Bouzó. En concreto, foi a responsable de Sanidade, Raquel Plana, a que protagonizou esta polémica, despois das críticas vertidas polos nacionalistas cara á súa xestión.

Na súa intervención, Bouzó culpou a Plana do "caos" que vive o centro de saúde da localidade e vinculouna coa decisión do goberno local de ceder terreos á Xunta para a construción dun novo centro médico público "en fronte da clínica privada directamente relacionada con ela".

Ante isto, a alcaldesa, Nava Castro (PP), pediu ao nacionalista que retirase esas palabras xa que insultaban á concelleira. Con todo, a propia Raquel Plana alzou a voz chamando "impresentable" a Bouzó. "Ti e eu ímonos a ver no xulgado, por imbécil tío. Ou sexa, estou farta de vós, porque sabedes que non é verdade. Estades a venderlle isto ao pobo porque sodes uns manipuladores. Uns manipuladores, porque sabedes que non é certo. É que sodes patéticos, dá vergoña", gritou a concelleira.

Por todo iso, BNG, PSOE e PEC convocaron unha rolda de prensa conxunta este mércores en protesta polos últimos acontecementos, "que se suman a unha longa lista de insultos antidemocráticos, actitudes e boicot do goberno ao labor da oposición".

A corporación local de Ponteareas durante un pleno
A corporación local de Ponteareas durante un pleno | Fonte: CONCELLO DE PONTEAREAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta