Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/05/2024 | Actualizada ás 12:23
A Xunta concedeu 40 axudas por un importe de 90.000 euros para realizar actuacións de conservación, protección e mellora de exemplares incluídos no catálogo galego de árbores singulares, que actualmente conta con 194 exemplares e formacións. Así o publicou este mércores o Diario Oficial de Galicia (DOG) e no caso das axudas a entidades propietarias ou particulares serán 10 beneficiarios os que reciben 17 subvencións por un importe total de 60.000 euros.
Entre o tipo de intervencións a subvencionar atópase a realización de podas e control das copas, a aplicación de tratamentos fitosanitarios, accións encamiñadas á conservación e mellora da contorna dos elementos catalogados, actuacións de divulgación e sinalización, e a realización de estudos dos exemplares.
O goberno autonómico detallou que o catálogo galego de árbores singulares é unha ferramenta aberta e en constante actualización, xa que poden propor a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións, os centros de investigación e as asociacións e entidades públicas e privadas que teñan entre os seus obxectivos a protección da natureza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.