Guerra aberta entre El Correo Gallego e o alcalde de Santiago

O xornal santiagués refírese a Martiño Noriega como “el alcalde 2.0” e éste replica que non vai “pagar con cartos públicos para que falen ben dun”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/11/2015 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

As grandes diferencias que manteñen o rexedor de Compostela, Martiño Noriega, co xornal da capital galega, El Correo Gallego, desde que o primeiro gañou as pasadas eleccións xerais, lonxe de apaciguarse, aumentan en decibelios.

Martiño Noriega
Martiño Noriega

E é que o que comezou como diverxencias durante a campaña é agora unha guerra aberta que está lonxe de acabar. Nesta loita, El Correo Gallego deu un paso máis ao evitar, mesmo, utilizar o nome do alcalde. Nas poucas informacións nas que se refiren a el fano, agora, co apelativo de “alcalde 2.0”, precisamente, polo gran uso que Noriega fai das redes sociais.

E foi, precisamente a través delas onde o líder de Compostela Aberta lle contesta a El Correo na última batalla entre os dous. Este mércores, o xornal santiagués titulaba cun elocuente “Bofetada del alcalde 2.0 a las cofradías: ni un euro de subvención”. A resposta de Noriega no se fixo agardar.

“Un xornal que menospreza o mundo 2.0 semella ese dinosauro que non miraba para o ceo antes de que caese o meteorito”, escribía na súa conta de FB. E engadía catro pequenas notas a xeito de postdatas:
“Pd1.Aos traballadores e traballadoras débeselles tres meses de salario (iso si que é unhalabazada)
Pd2. Os veciños e veciñas comezan a estar molestos cando terxiversan as súas declaracións neste “todo vale” deste facer xornalístico
Pd3.“Vuelvo y repito”, non imos pagar con cartos públicos para que falen ben dun (propios non teño)
Pd4. 2.0 (a moita honra)”.

Precisamente, segundo o rexedor as grandes diferencias con El Correo Gallego xurdiron logo da decisión do Concello santiagués de non subvencionar a este medio, que recibiu do anterior goberno popular máis de 200.000 euros no pasado ano tal e como publicou o propio Noriega. “Eu fíxeno publico porque asumía que determinadas liñas editoriais ían máis alá do que era unha crítica e entraban en cuestións persoais e estaban a xerar determinadas dinámicas que non eran reais. E cando digo de cuestións persoais e que ían máis alá da opinión xa faltando ao respecto”, apuntaba o rexedor nunha recente entrevista ao GC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

13 Gamela

Algún día deberamos facer un simposio sobre o "pesebrismo dos medios" e a súa conexión coas políticas locais-localistas (?) Faro de Vigo é, sen dúbida, a páxina parroquial de Abel Caballero (claro que as televisión locais tamén teñen delito - Localia TV e TeleVigo - Mirade se é normal que NoticiasVigo diga isto sobre o Psoe Local (?) http://www.noticiasvigo.es/seccion/...

12 CompostelanaEnfurecida

Ao Correo non e a Voz si? Pareceme a min que mais ben e "preciso que falen ben de min pero quen a min me parezca". Aborrezo o que se escribe en calquera dos dous medios pero ese argumento de que os traballadores non cobran xa o tés un pouco gastado (ademais de ser unha falta de repescto a eles e as suas familias)

11 Próculo

Esta guerra contra El Correo sérvelle para gañar o favor de La Voz

10 Raul

Me parece bien que no se utilice dinero público para comprar buena prensa. El alcalde obra correctamente. Los periódicos gallegos obran como verdaderos chantajistas. No es de extrañar que El Correo Gallego esté en las últimas. Ante estas actitudes de tan malas prácticas periodísticas, recomiendo total boicot a los periódicos que, como El Correo Gallego, las practiquen.

9 anyway

Eu ía escribir un comentario sobre a noticia, pero agora véxome obrigada a falar de cousas máis serias: GC, tedes o captcha MÁIS DIFÍCIL DE LER da historia de internet.